María Pita é testemuña inmóbil cada ano das actuacións dos grupos do momento. O escenario perfecto para gozar da música ao aire libre e gratis. Queres saber cales son os concertos de María Pita 2025 en agosto? Pois estás no lugar adecuado.
Contámosche todos os concertos de María Pita 2025, e os artistas que pasarán pola praia de Riazor no Festival Noroeste Estrella Galicia. Ademais, podes ver as actividades máis destacadas do programa das festas da Coruña 2025 no verán.
Anota na túa axenda estas datas e horarios, e non esquezas de ir con tempo aos concertos de María Pita para coller sitio; que logo non cabe un alfinete 😉.
Actuacións e concertos de María Pita 2025
Nas noites de agosto non queremos perdernos nin un plan, e se é para escoitar en directo ao teu grupo favorito, nin che conto.
O primeiro, antes de nada, é indicarche que as festas comezan o venres 1 de agosto, ás 21:00 h, co pregón no concello. Este ano, correrá a cargo de Rosa Cedrón, ex cantante de Luar na Lubre.
E, a continuación, ten lugar o primeiro dos concertos de María Pita 2025.
Así que bloquea na túa axenda estas datas, porque veñen todos estes concertos de María Pita 2025. Estas son as datas e os horarios das actuacións:
Venres, 1 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Baiuca.
Sábado, 2 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Bonnie Tyler.
Domingo, 3 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Marina Reche.
Luns, 4 de agosto
- 21:00 h. Praza de María Pita: Los Sirex e Los Rebeldes.
Martes, 5 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Los40 Summer Live 2025, coas actuacións de Vicco, Naiara, Chema Rivas, La Beba, Pikete, Lemot, Paula Koops e Walls.
Domingo, 10 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Zahara.
Luns, 11 de agosto
- 20:00 h. Praza de María Pita: Rock en familia.
Martes, 12 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: concerto de Los Satélites homenaxe a Sito Sedes.
Mércores, 13 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Uxía.
Xoves, 14 de agosto
- 20:00 h. Praza de María Pita: ‘Locos por la Música’ con Nacha Pop, Cómplices, No me pises que llevo chanclas, Melocos, Javier Ojeda (Danza Invisible), Soraya, La Poptelera e DJ Cherry Coke.
Domingo, 17 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Coti.
Luns, 25 de agosto
- 22:00 h. Praza de María Pita: Vega.
Concertos nas festas dos barrios
Ademais dos concertos de María Pita 2025, hai actuacións destacadas nas festas dos barrios.
Estes son os concertos nas festas de María Pita 2025 nos barrios:
Festas de Oza-Gaiteira-Os Castros 2025: 15 a 17 de agosto
Venres, 15 de agosto
- 11:00 h. Alborada con Os Gaiteiriños.
- 13:00 h. Sesión vermú con Os Piñeiros Band.
- 21:30 h. Rúa da Gaiteira: concerto de La Piel del Oso.
Sábado, 16 de agosto
- 11:00 h. Alborada con Son d’aquí.
- Desde las 11:00 h. Parque Europa: Mercado ecolóxico.
- 16:00 - 17:00 h. Pasarrúas.
- 17:00 - 20:00 h. Xogos populares.
- 20:45 h. Pregón.
- 21:00 h. Parque Europa: Lembranza Rock con SÉS, Ruxe Ruxe e Rebeliom do Inframundo.
Domingo, 17 de agosto
- 11:00 h. Alborada de Aturuxo.
- 13:00 h. Sesión vermú con Pablo Díaz.
- 19:00 h. Concerto de Zeltia Irevire.
Festas de Eirís (Festa da Fresa): 19 de agosto
Martes, 19 de agosto
-
12:00 h. Agrupación Folerpas.
- 13:00 h. Festa da escuma.
- 14:00 h. Sesión vermú con Élite.
- 17:00 h. Actuación de Donaire.
- 18:30 h. Exposición de amorodos.
- 19:00 h. Degustación gratuíta de amorodos.
- 21:00 h. Concerto de Culimaia.
- 23:00 h. Orquestra Metrópolis.
Festas do Castrillón 2025: 20 a 22 de agosto
Mércores, 20 de agosto
- 19:30 h. Praza de Pablo Iglesias: actuación de Pansenfron.
- 20:30 h. Praza de Pablo Iglesias: lectura do pregón.
- 21:00 h. Praza de Pablo Iglesias: concerto de Son de Camagüey.
Xoves, 21 de agosto
- 10:30 h. Praza de Pablo Iglesias: festa infantil e intercambio de libros.
- 13:00 h. Praza de Pablo Iglesias: festa da escuma.
- 18:30 h. Praza de Pablo Iglesias: Concurso de Tortillas.
- 22:00 h. Praza de Pablo Iglesias: Tam Tam Go!
Venres, 22 de agosto
- 10:00 h. Alborada a cargo de Son d'aquí dende a Praza da Concordia ata a Praza de Pablo Iglesias.
- 11:00 h. Praza de Pablo Iglesias: Obradoiro de Marcapáxinas.
- 11:30 h. Praza de Pablo Iglesias: intercambio de libros.
- 13:00 h. Praza de Pablo Iglesias: sesión vermú coa charanga Santa Compaña.
- 18:30 h. Praza de Pablo Iglesias: xogos e deportes tradicionais.
- 22:00 h. Praza de Pablo Iglesias: orquestra Los Players.
Festas da Sagrada Familia 2025: 22 a 24 de agosto
Venres, 22 de agosto
- 21:30 h. Pregón de Álex Bergantiños.
- A continuación: orquestra Eureka.
Sábado, 23 de agosto
- Pola mañá, na Praza de San Rosendo: xogos infantís e festa da escuma.
- Sesión vermú a cargo de Andrés Solórzano e DJ Takesound.
- Pola noite: verbena con DJ Takesound e a orquestra Los Platinos.
Domingo, 24 de agosto
- Dende as 13:00 h. Pulpeira na pista polideportiva do barrio e actuacións da Coral Polifónica da Sagrada Familia e a Tuna de Veteranos.
Festas de Pedralonga 2025: 23 de agosto
Sábado, 23 de agosto
- De 17:00 a 20:00 h. Aparcadoiro da Fábrica de Armas: actividades infantís gratuítas e espectáculo de maxia.
- 20:00 h. Aparcadoiro da Fábrica de Armas: churrascada, amenizada con gaiteiros.
- Pola noite: verbena coa orquestra Pekados e sesión de fuegos artificiais.
Programa do Festival Noroeste 2025
O Festival Noroeste Estrela Galicia 2025 celébrase do mércores 6 ao domingo 10 de agosto.
Os concertos da Praia de Riazor teñen lugar o venres 8 e o sábado 9 de agosto.
Estes son os concertos do Festival Noroeste Estrella Galicia 2025:
Mércores, 6 de agosto 2025
Praza de María Pita
- 21:00 h – Albert Pla & Rumbagenarios
- 22:45 h – La Yegros
Campo da Leña
- 13:00 h – Los Sex
- 22:00 h – Los Deltonos
- 00:00 h – O’Funk’illo
Praza Azcárraga
- 14:00 h – Adhara & Ritman
- 20:00 h – J.P. Bimeni & The Black Belts
- 23:00 h – Annie and The Caldwells
Castelo de San Antón
- 19:00 h – Vieux Farka Touré Quartet
Xoves, 7 de agosto 2025
Praza de María Pita
- 21:00 h – Queralt Lahoz
- 22:45 h – Mondra
Campo da Leña
- 13:00 h – Komodo
- 22:00 h – Hermana Furia
- 00:00 h – Battosai
Praza Azcárraga
- 14:00 h – Candela Liste
- 20:00 h – P.P. Arnold
- 23:00 h – Tito Ramírez
Castelo de San Antón
- 19:00 h – Ballaké Sissoko & Piers Faccini
Venres, 8 de agosto 2025
Campo da Leña
- 13:00 h – Gustavo Almeida
- 18:00 h – Leria
- 20:00 h – Doctor Snob
Praza Azcárraga
- 14:00 h – Revel Velvet
- 16:30 h – Experimento Basement
- 17:15 h – Roda Door
- 18:00 h – Nordés
- 19:00 h – Scarecrow
Castelo de San Antón
- 19:00 h – McEnroe
O Portiño
- 16:00 h – Rapariga DJ
Praia de Riazor
- 21:00 h – Carlos Ares
- 22:30 h – Luar na Lubre
- 00:00 h – Grande Amore
Sábado, 9 de agosto 2025
O Portiño
- 13:00 h – Raphael de la Ghetto
- 16:30 h – Eme DJ
Praia de Riazor
- 21:00 h – Guadi Galego
- 22:30 h – Siloé
- 00:00 h – The Vaccines
Domingo, 10 de agosto 2025
O Portiño
- 13:00 h – Yo Soy Ratón
- 16:00 h – DJ Peligro
Domingo, 17 de agosto: Contos ao Noroeste

Imaxe: Concello da Coruña
O Festival Noroeste Estrella Galicia 2025 despídese este ano unha semana despois coa celebración de ‘Contos ao Noroeste’, coa participación de Xosé A. Touriñán, David Amor, Javier Veiga, Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón.
- Domingo, 17 de agosto, 19:30 h. Parque de Santa Margarida: ‘Contos ao Noroeste’ con Xosé A. Touriñán, David Amor, Javier Veiga, Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón. Venda de entradas aquí.
Festas de María Pita 2025

Imaxe: Concello da Coruña
A música protagoniza as festas do verán na Coruña durante todo o mes de agosto; pero hai moitísimas actividades e eventos, plans para todos os gustos máis aló dos concertos de María Pita 2025.
Habaneras, cómic, feira do libro, música nos barrios… Estes son os clásicos das Festas de María Pita.
Indicámosche as datas das principais actividades de 2025 que xa publicou o Concello da Coruña:
Feira de Artesanía de Galicia MOSTRART: 1 a 31 de agosto 2025

A Feira de Artesanía de Galicia MOSTRART é un clásico do programa das festas de María Pita na Coruña 2025.
Podes visitar as casetas de artesanía instaladas nos xardíns de Méndez Núñez, do 1 ao 31 de agosto de 2025, en horario: 11:00 - 14:00 e 17:30 - 22:00 h.
Feira do Libro da Coruña: 1 a 10 de agosto 2025

Están confirmadas as datas da clásica Feira do Libro na Coruña 2025, será do 1 ao 10 de agosto nas casetas instaladas nos xardíns de Méndez Núñez. Oportunidade para conseguir a firma do teu autor favorito, escoitar coloquios e facerte coas últimas novidades literarias.
- Horario da Feira do Libro na Coruña 2025: 11:00 - 14:00 e 17:30 - 21:30 h.
E, a continuación, tócalle a quenda á Feira do Libro Antigo da Coruña 2025, do 14 ao 31 de agosto 2025, nos Xardíns de Méndez Núñez.
- Horario da Feira do Libro Antigo na Coruña 2025: 10:30 - 14:00 e 17:00 - 22:00 h.
Certame de Habaneras: 6 a 9 de agosto 2025
O Certame de Habaneras celebra o seu 40 aniversario do mércores 6 ao sábado 9 de agosto.
As agrupacións actúan todos os días na Praza de María Pita ás 19:30 h.
Festival Internacional de folclore Cidade da Coruña: 13 a 17 de agosto 2025
Ten unha duración media duns cinco días e as actuacións celébranse do mércores 13 ao domingo 17 de agosto ás 20:00 h.
- Mércores, 13 de agosto, 20:00 h. Auditorio de Santa Margarida.
- Xoves, 14 de agosto, 20:00 h. Auditorio de Santa Margarida.
- Venres, 15 de agosto, 20:00 h. Auditorio de Santa Margarida.
- Sábado, 16 de agosto, 20:00 h. Praza de María Pita.
- Domingo, 17 de agosto, 20:00 h. Campo da Leña.
Viñetas desde o Atlántico: 11 a 17 de agosto 2025

Imaxe: Concello da Coruña
Durante unha semana, do 11 ao 17 de agosto, os xardíns de Méndez Núñez acollen as casetas dedicadas ao cómic. Espazo para pasear, comprar e ver as exposicións que se celebran en diferentes espazos da cidade dentro das festas de María Pita 2025.
O programa de Viñetas desde o Atlántico 2025 inclúe charlas, firmas de libros, visitas, talleres e moito máis no Quiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Casa Museo Picasso, Sala Salvador de Madariaga ou o Centro Ágora.
Dende o 16 de xuño de 2025 podes gozar da exposición “Quino en la música”, na sala de exposicións de Palexco, que estará aberta ata o 21 de setembro de 2025.
Ademais, a cidade énchese de personaxes como Batman, Spiderman e moitos máis super heroes, que verás en lugares emblemáticos da Coruña.
Consulta aquí debaixo os autores convidados e o resto de actividades, como as exposicións.
Cascarillarte: 13 a 30 de agosto 2025
Música, danza, maxia ou circo na rúa durante as festas de María Pita 2025. O programa Cascarillarte percorre diferentes barrios da Coruña do 13 ao 30 de agosto de 2025.
- Mércores, 13 de agosto, 19:30 h. Palavea: ‘O Chontófano de Dorothé’, de Sonsoles Penadique.
- Xoves, 14 de agosto, 19:30 h. Praza de Tabacos: ‘Vicki e a felicidade’, de Bandullo Azul.
- Sábado, 16 de agosto, 19:30 h. A Gaiteira: Antuan de la Cream.
- Luns, 18 de agosto, 19:30 h. Praza de Vigo: ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’, de Pakolas.
- Martes, 19 de agosto, 18:00 h. Parque de Eirís: ‘Contos de nenas grandes e pequenas’, de Tropa de Trapo.
- Mércores, 20 de agosto, 19:30 h. Praza das Conchiñas: ‘Abracadaver’, de Assircópatas.
- Xoves, 21 de agosto, 19:30 h. Parque infantil de Matogrande: ‘Picadiscos Marifaltri’, de María Faltri.
- Venres, 22 de agosto, 12:00 h. Praza de Pablo Iglesias: ‘Crunch 2’, de Muu.
- Venres, 22 de agosto, 19:30 h. Parque de San Rosendo: ‘Peor imposible’, de Peter Punk.
- Sábado, 23 de agosto, 19:30 h. Aparcadoiro de la Fábrica de Armas: ‘Experiencias en Familia’, de Mago Rafa.
- Luns, 25 de agosto, 19:30 h. Planicie do CCM de Novo Mesoiro: ‘As palabras perdidas’, de Inventi Teatro.
- Martes, 26 de agosto, 19:30 h. Praza Elíptica dos Rosales: Alquimia’, de Mago Teto.
- Mércores, 27 de agosto, 19:30 h. Parque de Vioño: ‘Caderno de Cores e Cancións’, de Magín Blanco.
- Sábado, 30 de agosto, 19:30 h. Parque de Santa Margarida: ‘Ondamini’, de Mamá Cabra.
Batalla Naval: 15 de agosto 2025
Outro clásico das festas de María Pita 2025 é a Batalla Naval. O venres 15 de agosto, ás 23:30 h, terá lugar o espectáculo de fogos artificiais nas praias de Riazor e de Orzán, e que cada ano congregan a miles de persoas nos areais.
Semana Clásica: 20 a 24 de agosto 2025
Concertos en María Pita coa Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Banda Municipal de Música, entre outras agrupacións que repiten cada ano no programa das festas de María Pita da Coruña 2025.
- Mércores, 20 de agosto, 21:00 h. Praza de María Pita: Orquestra GAOS co cantautor Pedro Guerra.
- Xoves, 21 de agosto, 21:00 h. Praza de María Pita: Orquestra de Cámara Galega.
- Sábado, 23 de agosto, 21:00 h. Praza de María Pita: Orquestra Sinfónica de Galicia.
- Domingo, 14 de agosto, 21:00 h. Praza de María Pita: Banda Municipal de Música da Coruña.
Beatout Week 2025: 21 a 23 de agosto 2025
Ás Festas de María Pita 2025 súmase o certame de música urbana Beatout Week, que se celebra no auditorio de San Margarida do 21 ao 23 de agosto.
Moi pronto coñeceremos as actuacións do evento, que se poñerán á venda en Woutick.
Romaría de Santa Margarida: 28 a 31 de agosto 2025
Música e baile tradicional son os protagonistas dunha fin de semana, do 28 ao 30 de agosto, que pecha as Festas de María Pita 2025, no Parque de Santa Margarida.
Podes descargar o programa da Romaría de Santa Margarida 2025:
E aquí tes os principais concertos que poderás ver no Anfiteatro de Santa Margarita:
- Xoves, 28 de agosto, 21:00 h. Anfiteatro de Santa Margarida: Gala i Ovidio, o novo proxecto de Aida Tarrío (Tanxugueiras) e Raül Refree. Entradas á venda aquí. Abre o concerto Belém Tajes ás 20:00 h.
- Venres, 29 de agosto, 21:00 h. Anfiteatro de Santa Margarida: Gran Noite do Folclore con Cántigas da Terra, Aturuxo, Xacarandaina, Donaire e Son D'Aquí.
- Sábado, 30 de agosto, 20:30 h. Anfiteatro de Santa Margarida: As Lagharteiras, Os do fondo da barra e Comando Curuxás coas Cantareiras da Cántigas e Frores.
- Domingo, 31 de agosto, 19:00 h. Anfiteatro de Santa Margarida: Os Melidaos, Rura e El Nido e convidadas.
Flores Rock: 5 a 6 de setembro 2025

Imaxe: Flores Rock
Festival de rock con concertos gratis que se celebra no Barrio das Flores, na Praza do Sol Nacente, o venres 5 e o sábado 6 de setembro de 2025. Ademais de música, no Flores Rock 2025, hai foodtrucks, barras, o Flores Kids e moita diversión.
Aí van os grupos confirmados do Flores Rock 2025:
- Soziedad Alkoholika.
- Konflikto.
- Raiade.
- Miguel Costas.
- Dark Embrace.
- Far Away Place.
- Nashgul.
- Benito Kamelas.
- Dirkschneider.
- Nucleus.
- La Yaya DJ.
- Maghúa.
- Collón de Lola.
- Pako Pakolas.
E isto é todo o que non podes perder das festas de agosto 2025 na Coruña, dos concertos de María Pita 2025 e do Festival Noroeste 2025.
Fonte imaxe de cabeceira: Concello da Coruña