Ola outra vez. Hai pouco falámosche por aquí das alternativas para ver o fútbol a través de R e hoxe queremos deternos nunha delas, en beIN Sport Connect*.

Algún medio dixital considera que é a mellor opción para ver a Liga e Champions, xa que o prezo non pode ser mellor: 9,95€/mes. Ademais, o bo é que tampouco ten permanencia, polo que podes probar como funciona o servizo sen ningún compromiso.

Que partidos ofrece? En resumidas contas dá todo o fútbol, agás o Partidazo. Por 9,95€ inclúe:

  • beIN Sports La Liga (oito partidos de Primeira e a Copa do Rei)
  • beIN Sports (a Champions, a Europa League e ligas estranxeiras como a francesa, a italiana ou a portuguesa, ademais doutros partidos internacionais)
  • La Liga 1|2|3 TV (10 partidos de Segunda División cada xornada)

Como ves, os contidos son moi bos e o prezo é moi económico, xa que practicamente tes todo o fútbol (a excepción, como dicimos, do encontro do Partidazo).

Outra cousa boa de beIN Connect é que tes múltiples posibilidades para ver os partidos. Podes velos no teu móbil, nunha tablet ou ben na túa tele. En canto ás apps para móbil, téñenas tanto para Android como para iOS, ao igual que nas tablets.

E se tes unha smart TV da marca Samsung, LG ou con Android TV, tamén podes instalar a súa app directamente e ver na túa tele o fútbol. En breve, ademais, estará dispoñible para Sony e incluso, se tes videoconsola, para a PS3 e a PS4.

Pero a cousa non queda aí, porque che dan a opción de enviar o contido directamente dende o teu móbil ao teu televisor a través de Chromecast. O funcionamento é moi sinxelo, xa que só tes que mercar un Chromecast, enchufalo á túa tele e, dende o móbil, xa mandas o sinal, para velo en pantalla grande 

No caso de que teñas algunha dificultade tanto na instalación da app no móbil, como na tele ou non teñas claro como vai iso do Chromecast, dende R quedamos á túa disposición. Podes contactar con nós no servizo técnico e botarémosche unha man para que, paso a paso, fagas a instalación e vexas o fútbol alí onde queiras.

Un saúdo.

(*) beIN Connect é un servizo web da empresas MEDIAPRODUCCIÓN, S.L.U. Prezos válidos a 03/10/2016, suxeitos a modificacións. Consulta os prezos actuais e contrata en www.beinconnect.es. Servizo non comercializados por R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.