En que nos fixamos cando imos cambiar de móbil? O primeiro adoita ser a cámara e a batería. Así que imos analizar as do Oppo A94 5G e o Honor 50 5G, que en abril tes rebaixados para ti en R.
Oppo A94 5G por 11€/mes
Cámara cuádrupla que mellora o resultado dos teus vídeos con pouca luz, grazas á combinación do sensor de 48 MPX e ao algoritmo ‘Ultra Night Video’.
Ademais, conta con efecto de desenfoque dinámico e IA para optimizar as túas imaxes.
- Cámara principal de 108 MPX: sensor de 1/1.52 polgadas, apertura f/1.9, tamaño de píxel de 2,1 um
- Cámara grande angular de 8 MPX: apertura f/2.2
- Cámara con bokeh de 2 MPX: apertura f/2.4
- Cámara macro de 2 MPX: apertura f/2.4
Para facer selfies, o Oppo A94 dáche 16 MPX: f / 2.4; FOV 78 °; Lente 5P.
En canto á súa batería de 4310 mAh, con cargala durante 5 minutos terás para 2,9 horas de chamadas, grazas á carga flash VOOC de 30W.
Máis detalles: pantalla de 6,43 polgadas, 128GB de almacenamento, 8GB de RAM, procesador 5G de oito núcleos con frecuencia CPU de ata 2,4 Ghz e sistema operativo Android 11.
Compra en liña e na túa tenda R o Oppo A94 5G por 11€ ao mes en 24 cotas.Honor 50 5G por 16€/mes
Deseño en forma de dobre anel simétrico para situar as catro cámaras do Honor 50. Este modelo conta coa primeira cámara ultranítida de 108 MPX de Honor e múltiples modos de vídeo.
- Cámara principal de 108 MPX: sensor de 1/1.52 polgadas, apertura f/1.9, tamaño de píxel de 2,1 um
- Cámara grande angular de 8 MPX: apertura f/2.2
- Cámara con bokeh de 2 MPX: apertura f/2.4
- Cámara macro de 2 MPX: apertura f/2.4
A frontal para selfies ten 32 MPX con modo grande angular para meter a máis amigos na foto, e un resultado nocturno brillante.
Como vai de autonomía? Coa súa ‘SuperCharge’ de 66W terás a súa batería de 4300 mAh ao 70% en só 20 minutos e ao 100% nuns 45 minutos.
Máis detalles: pantalla de 6,57 polgadas, 256GB de almacenamento, 8GB de RAM e sistema operativo Magic UI 4.2 (baseado en Android 11).
Consigue o Honor 50 5G por 16€ ao mes en 24 cotas na web ou tenda R.Agora tócache decidir a ti con cal quedas.
Esperamos terche botado unha man con esta info; e se necesitas saber máis, deixa a túa pregunta nos comentarios.