Necesitas cambiar o número de conta bancaria dos teus recibos de R? Non é necesario que vaias á túa entidade bancaria, que é outra opción; pódelo modificar en calquera momento dende o móbil ou o ordenador na túa área de cliente de R.
De feito, o cambio de conta ou calquera outra modificación dos teus datos persoais, pódelos facer nun pispás na web ou app de cliente de R, seguindo os pasos que che contamos nestes minititoriais.
E neste, vas aprender a cambiar o número de conta bancaria na que tes domiciliado o recibo de R.
Como cambiar o número de conta en R?
Como che diciamos, a forma máis rápida e cómoda de cambiar a conta bancaria pola que che pasamos os recibos é a través da túa área de cliente na web ou app de R. Que é a que che imos a explicar máis abaixo.
Pero, queremos que saibas todas as opcións posibles para cambiar o teu número de conta en R:
- Dende a túa área de cliente de R: entra na web https://clientes.mundo-r.com ou na app para dispositivos Android ou iOS
- Accedendo á túa entidade bancaria e solicitando comuniquen o cambio a R
- Enviando por escrito a R a túa petición:
- Se o titular da conta é o mesmo que o titular do servizo en R: debes enviar a petición asinada, xunto cunha copia do DNI ao correo electrónico [email protected] ou ao apartado de correos 2096, CP 15080, A Coruña.
- Se o titular da conta NON é o mesmo que o titular do servizo en R: debes enviar unha petición por escrito, con copia de DNI e con firma de ambos os titulares ou adxunta recoñecemento de servizo prestado a un terceiro (factura de R emitida a nome do titular do servizo). Debes remitilo ao correo electrónico [email protected] ou ao apartado de correos 2096, CP 15080, A Coruña.
Non podemos modificar esta información a través dunha chamada de teléfono, debido á adaptación para SEPA (Single Euro Payments Area).
Cambio do teu número de conta dende á área de cliente de R
Como che diciamos, a maneira máis rápida e sinxela de cambiar o número de conta bancaria en R é facelo dende a túa área de cliente de R.
Os pasos son iguais tanto se accedes dende a web https://clientes.mundo-r.com como dende a app para o móbil ou tablet Android ou iOS.
E se é a túa primeira vez, explicámosche aquí como acceder e rexistrarte na túa área de cliente de R.
Para modificar a túa conta, segue estes pasos:
- Entra na túa área de cliente de R e selecciona o menú “os meus datos”:
- A continuación, preme o botón “renomear contas de facturación”:
- Baixa ata o apartado que pon “contas de facturación” e verás o número de conta bancaria polo que che pasamos os recibos. Aí podes modificar a descrición da conta e cambiar o número premendo no botón “modificar conta”.
- Aparecerá en pantalla un campo cos catro últimos díxitos do teu número de conta actual e un campo para que escribas o teu novo número de conta. Dalle a “modificar”.
- Unha vez que o fagas, mandarémosche un sms de confirmación ao teléfono móbil do titular do servizo cun código. É unha forma de asegurarnos que es ti quen solicita o cambio. Pon o código que che enviamos na web de clientes e estará listo o cambio.
IMPORTANTE: Se a nova conta bancaria é estranxeira, terás que introducir o código “SWIFT/BIC”. Esa información pódela atopar na web ou app da túa entidade bancaria.
Xa viches que seguindo estes pasos podes cambiar rapidamente o número de conta en R.
Esperamos que che sirva de axuda.