Moitos clientes estannos a preguntar como activar Netflix no noso deco 4K da televisión R. Así que che preparamos un videotitorial ao final deste post, cos pasos a seguir:

Permanencia

Outra das preguntas recorrentes é o prezo e a permanencia. Non tes permanencia, xa que o podes dar de baixa cando queiras. Os prezos poñémoschos abaixo.

Plans e prezos

Por defecto, ao contratar no deco 4K, dáse de alta o plan premium. Pero como podes ver no vídeo de arriba, podes seleccionar o que queiras. Estas son as opcións:

  • Básico: 7,99€/mes, con contidos en SD e a opción de ver o contido nunhaa única pantalla ao mesmo tempo.
  • Estándar: 10,99€/mes, con contidos en HD e a posibilidade de velo en dúas pantallas ao mesmo tempo (por exemplo na túa televisión R e nunha tablet).
  • Premium: 13,99€/mes, con contidos en 4K e a opción de ver o contido en ata 4 dispositivos ao mesmo tempo.

Videotitorial

E aquí che conto como activar, paso a paso, Netflix na túa televisión. Lembra que só está dispoñible no deco 4K de R, non no HD nin no SD.