Facer as túas xestións coa Administración a través de internet é moi cómodo. E para que o fagas de forma segura e non teñas que andar con miles de usuarios e contrasinais para acceder a diferentes trámites como a Renda, pagar taxas, etc. existe a Clave PIN. Ensinámosche a rexistrarte no sistema Cl@ve e a solicitar a túa Clave PIN por SMS.

Como funciona a Clave PIN?

Antes de iniciar calquera trámite da Administración electrónica, vas ter que identificarte. Podes facelo na páxina web correspondente co teu DNI ou un certificado electrónico; pero tamén coa Clave PIN.

A Clave PIN é un código de seguridade que solicitas cada vez que vaias facer unha xestión nas páxinas webs da Administración. É un usuario e contrasinal que caducan nun período limitado de tempo, por iso é diferente á Clave Permanente, que é máis recomendable se fas xestións con moita frecuencia.

E podes elixir onde queres que a Administración che envíe esa Clave PIN. A través dunha aplicación no móbil ou por mensaxe de texto.

Se prefires non andar descargando aplicacións, o máis fácil é obter a Clave PIN por SMS. Ensinámosche como.

Como obter a Clave PIN por primeira vez?

Para obter a túa Clave PIN por SMS cada vez que fagas un trámite nas páxinas webs da Administración electrónica, debes rexistrarte. É un paso previo que só terás que facer unha vez.

E cando xa estás rexistrado, só terás que solicitar o PIN por SMS cando vaias realizar o trámite.

Como te rexistras?

Ademais de con certificado e DNI electrónico, podes facelo así:

Vía internet:

  • Por videochamada: dende o teu ordenador ou a app do móbil. A Administración chámate por Zoom e verifica os teus datos.
  • Con carta de invitación e CSV: podes solicitar que che envíen á túa casa o Código Seguro de Verificación para completar o rexistro en liña.

De maneira presencial: acudindo á Oficina de Rexistro máis próxima que teñas.

Unha vez feito, recibirás un SMS no teu móbil confirmando o rexistro. E xa poderás usar a Cl@ve PIN.

Pasos para obter Clave PIN por SMS no móbil

Como tes que facer para recibir un SMS coa Clave PIN. Atento/a:

  • Escolle a opción Clave PIN para identificarte na web da Administración onde vaias realizar un trámite.
  • O seguinte paso é introducir o teu DNI/NIE e a súa data de validez na sede electrónica da Axencia Tributaria.
Pasos para obtener la Clave PIN por SMS: introduce DNI
  • A continuación, selecciona Obter PIN e se queres personalizalo.
Pasos para obtener la Clave PIN por SMS: obtener PIN
  • Na seguinte pantalla, indícache que podes ver a túa Clave PIN na app ou que esperes se non a tes instalada.
Pasos para obtener la Clave PIN por SMS: validar Clave PIN
  • Espera e xa che sairá a opción para “Solicitar envío de SMS” do PIN.
Pasos para obtener la Clave PIN por SMS: solicitar envío de SMS
  • Automaticamente chegarache ese SMS ao móbil.
Pasos para obtener la Clave PIN por SMS: ejemplo de SMS con el PIN
  • E só che queda introducir ese PIN antes de 10 minutos, logo caducará e deberás solicitar outro contrasinal.
Pasos para obtener la Clave PIN por SMS: introduce PIN antes de 10 minutos
  • Despois de introducir o PIN, xa poderás facer a túa xestión con total seguridade.

E así con cuantos trámites queiras facer por internet. Cada vez que fagas unha xestión, obterás a túa Clave PIN por SMS.

Esperamos que esta guía che teña sido de axuda.