Os produtos do Pazo de Vilane e os da Casa Grande de Xanceda son protagonistas, esta semana, na nova tenda pop-up do Mercado da Colleita, en Vigo.
No vídeo, a historia das vacas de Xanceda e dos 'tesouros ecolóxicos' que producen, froito do agarimo de quen as coidan e das bondades dunha contorna natural extraordinaria na provincia da Coruña.
Lembrade que a tenda pop-up de Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 28, permanecerá aberta unicamente ata finais de xullo, así que non perdades a oportunidade de vos pasar por aí. En total, 17 iniciativas do rural galego terán un oco neste espazo durante as vindeiras semanas. Xa vos imos contando. http://bit.ly/1EUSEyU