A conta atrás para ver a Melchor, Gaspar e Baltasar xa empezou. As súas Maxestades chegan á cidade da muralla o domingo 5 de xaneiro e xa hai nervios por ver a Cabalgata de Reis en Lugo 2025. Aquí podes consultar cando empeza o desfile, dende onde sae e cal é o percorrido para que vaias pensando onde te vas a poñer para saudar aos Magos de Oriente e a toda a súa comitiva.
Horario da Cabalgata de Reis Lugo 2025
A que hora empeza a Cabalgata en Lugo? Iso é o máis importante para ir con tempo e poder coller sitio en primeira fila para saudar aos Reis Magos e facerse cun bo puñado de caramelos.
Así que toma boa nota do horario da Cabalgata de Reis Lugo 2025:
Domingo, 5 de xaneiro de 2025
- 18:00 h. Inicio da Cabalgata de Reis de Lugo 2025 dende o Parque da Milagrosa.
- 19:30 h. Chegada das carrozas e da comitiva á Casa do Concello na Praza Maior. Pregón dos Reis Magos, que despois recibirán a nenos e nenas dentro do Concello.
Percorrido da Cabalgata de Reis en Lugo 2025
Esperemos que o tempo acompañe para poder gozar do desfile a tarde do 5 de xaneiro, dende o Parque da Milagrosa ás 18:00 h. Cal será o percorrido da Cabalgata de Reis en Lugo 2025? Deixámosche aquí debaixo o itinerario das carrozas das súas Maxestades antes de chegar á Praza Maior a iso das 19:30 h.
A Cabalgata de Lugo pasará pola Avenida da Coruña e entrará no centro histórico pola Porta de San Fernando, para continuar pola Rúa San Fernando e Rúa San Marcos. Chegará á Praza de Santo Domingo e seguirá o seu percorrido pola Rúa da Raíña ata chegar diante do Concello.
- Parque da Milagrosa
- Avenida da Coruña
- Porta de San Fernando
- Rúa San Fernando
- Rúa San Marcos
- Santo Domingo
- Rúa da Raíña
- Praza Maior
Como é a Cabalgata de Reis Mago de Lugo 2025?
O Concello de Lugo deu os detalles da Cabalgata de Reis Magos de Lugo 2025.
Baixo o título “Nómadas”, o fío condutor da Cabalgata 2025 tratará sobre a ecoloxía e destacará as grandes viaxes, os descubrimentos, as expedicións, as caravanas e os nómades.
Poderás ver grandes animais, caravanas circenses, submarinos, cepelíns e unha posta en escena chea de música e de animación, grazas aos 14 espectáculos que se desenvolverán durante todo o percorrido.
As súas Maxestades presidirán as tres carrozas reais, seguidas da carroza dos agasallos, e os paxes lanzarán 1.500 quilos de caramelos.
Fonte imaxe de cabeceira: Cultura e Turismo de Lugo