Seguro que xa coñeces a teoría que lle colga ao terceiro luns de xaneiro o sambenito de ser o día máis deprimente do ano. O frío inverno, as débedas do Nadal ou os frustrados propósitos do novo ano únense para minarnos a moral. É o Blue Monday. Sénteste identificado ou cres que é unha patraña? Sexa como sexa, temos a fórmula para que te divirtas este triste día de xaneiro. Como? Coas mellores apps e xogos de 2019 para Android e iOS. Ri ti do Blue Monday!

Android

Google preguntoulles aos seus usuarios cal era a mellor aplicación e xogo para móbil de 2019.

A app máis votada resultou ser “DAZN: Deportes en Directo”. Se non a coñeces, o Blue Monday pode ser un bo día para probala. Ofrece retransmisións en directo e á carta de todo tipo de deporte, dende fútbol inglés a boxeo, pasando polo tenis ou o MotoGP.

Os gamers tamén emitiron o seu veredicto. Adiviñas cal foi o mellor xogo de 2019? O “Call of Duty: Mobile”. Un clásico entre clásicos que estreou versión móbil cun éxito indiscutible que lle fixo merecedor do premio. Se che gustan os tiros, este é o teu xogo.

Ademais da elección dos usuarios, os de Google teñen o seu propio TOP 5 co mellor de 2019. Bótalle un ollo:

Apple

Os da mazá tamén fixeron a súa selección co melloriño de 2019.

No mundo app, a tendencia do ano foi contar historias de forma sinxela. E a gañadora para o iPhone vai por ese camiño: Cámara Spectre (Lux Optics) utiliza a intelixencia artificial para que fagas fotos incribles de longa exposición.

Para o iPad quedan coa app de caderno dixital Flow de Moleskine (Moleskine), para Mac con Affinity Publisher (Serif Labs) para deseñadores e para que descargues en Apple TV: The Explorers (The Explorers Network).

Para darlle vidilla ao Blue Monday, empezar un xogo novo no móbil pode ser unha boa idea. Fixámonos nos mellores do 2019 segundo Apple:

Xa xogaras a algún destes xogos? Compartes a selección de Google e Apple? Dános a túa opinión e cóntanos cales son as túas apps e xogos favoritos.