Se aparcar é unha molestia, lidar coas máquinas de cobro aínda máis. A solución, estas apps para pagar o parking dende o móbil. Se ti tamén pensas que hai que facer un máster para utilizar os novos parquímetros, que non dan cambio, que non hai un comercio preto, que vén o revisor e ti sen moedas, que chove... respira e tira do móbil para pagar. Estas aplicacións non che eximirán de pasar por caixa, pero faranche a vida máis fácil.

    • e-park

Paga o estacionamento regulado (ORA) nas cidades de A Coruña e Santiago de Compostela. Coa mesma conta de usuario, podes aparcar en varias cidades de España.

A app está vinculada a una tarxeta, así que só tes que rexistrar a túa matrícula e seguir 3 sinxelos pasos: elixe a operación realizar pago, selecciona zona e tempo e, finalmente, confirma o proceso. Os controladores das zonas de estacionamento regulado introducen a túa matrícula na súa PDA, conéctanse con e-park e visualizan os datos do billete que obtiveches. e-park avísate 3 e 10 minutos antes de que acabe o tempo do teu billete por se o queres ampliar directamente dende o móbil.

Ademais, podes aparcar gratis. Como? Os usuarios ofrecen de balde os seus billetes cando lles sobra tempo antes de finalizar. Así que antes de sacar un billete, consulta se hai un dispoñible e captúrao!

Con esta app poderás xestionar as matrículas que queiras dende a mesma conta, anular multas, descargar xustificantes de pago e moito máis.

Dispoñible en Google Play, App Store, Windows Phone e Blackberry

Apps para pagar el parking

    • Parkapp

Localiza o parking máis próximo da rede Parkapp, busca a ruta máis curta, accede e paga co teu teléfono móbil.

Dispoñible en A Coruña (Parkings da Praza de Pontevedra, Praza da Palloza, Os Mallos e Estación de Tren), Santiago de Compostela (Parking A Rosa, Parking Praza Roxa e Parking Santiago, xunto ao aeroporto de Lavacolla), Pontevedra (Parking Estación de Tren), Vigo (Parking Colón, Parking Central, Parking Progreso, Parking Estación Vigo-Urzaiz, Parking AVE Vigo, Parking Casabranca, Parking Vigo, xunto á Estación de Tren Vigo-Guixar, Garaxe Avenida e Vigo Parking, próximo ao aeroporto de Peinador), Ourense (Parking Estación de Tren) e Lugo (Parking Ramón Ferreiro).

Dende a web Parkapp podes reservar o parking que che interese, beneficiándoche de boas ofertas. Ao chegar ao lugar seleccionado, só tes que presentar a túa reserva ou entrar co teléfono móbil se o parking o permite, pasando o teu móbil por diante do código QR que atoparás no dispensador de tickets.

Dispoñible en Google Play e App Store

Se tes dúbidas, neste vídeo explícancho con todo detalle:

Con estas apps para o teu móbil, esquécete de levar moedas no peto.

Ata pronto!