Ola. Co Nadal a caer, aínda estás a tempo de dar a badalada con estas apps para aprender a tocar un instrumento. Se a zambomba, o triángulo e a botella de Anís do Mono se che quedan pequenos, anímate coa guitarra, o piano, a batería ou iníciate como DJ.
Non se trata de que deixes a pel como na oscarizada 'Whiplash' , pero practicando un pouco cada día co teu móbil, tocarás auténticos hitazos. Así que te poderás arrincar cunha panxoliña tipo 'Campá sobre campá' como un auténtico profesional.
Guitarra
Aprende a tocar sen coñecementos de solfexo. Estas aplicacións gratuítas ensínanche a colocar os dedos e as cordas que debes tocar. Seguindo paso a paso as indicacións poderás tocar as cancións que inclúe cada aplicación e mesmo subir unha que a ti che guste. Puntea as cordas para tocar acordes de calquera complexidade, riffs ou compón as túas propias cancións.
- Coach Guitar: dispoñible para Android e iOS
- Afinador guitarra - Guitar Tuna: dispoñible para Android e iOS
Piano
"Tócaa outra vez, Sam". Converte o teu smartphone nun teclado, grava, reproduce e comparte cos teus amigos as túas creacións. Ademais, poderás poñer as túas propias gravacións como ton de chamada. Compatibles con MIDI e audio.
- Piano +: dispoñible para Android
Batería
Atréveste a marcar o ritmo? Descarga algunha destas apps gratuítas e proba a liberar adrenalina dunha maneira divertida. Aquí as baquetas serán os teus dedos cos que tocarás pratos, tambores ou caixa. Segue os titoriais de ritmos e cancións, crea os teus propios beats e compárteos cos teus amigos ou exporta as túas gravacións a mp3.
DJ
Se Paquirrín pode, ti tamén. Con esta app terás unha auténtica mesa de mesturas no teu móbil. Gratuíta e moi popular, inclúe gran cantidade de efectos de son que poderás modular ao teu gusto.
- DJ Studio 5 - Free music mixer: dispoñible para Android
- edjing Mix:studio de DJ gratis para mezclar música: dispoñible para iOS
Se non tes tempo para apuntarte a clases ou a batería como que che ocupa moito espazo, non abandones a túa vea musical e ensaia co teu móbil. Os teus veciños agradecerano .
Non perdas a próxima entrega do mundo app.
Un saúdo!