Achégase o verán, polo que chega o momento de perder eses quilos de máis coa axuda dalgunhas apps para adelgazar facendo exercicio físico. Ir ao ximnasio dá moita preguiza e ademais é un gasto que suma a finais de mes, pero unha vez máis temos á tecnoloxía da nosa parte porque nos ofrece unha gran cantidade de apps que che axudarán a conseguir os teus obxectivos.

  • HIIT4All

É unha das novas apps de fitness que se adapta ao espazo e ao tempo que tes para facer exercicio. Propón tres programas de adestramento baseados no código dos antigos samuráis denominado “camiño do guerreiro”. Son: lume, para os que queren queimar todas as súas calorías; vento, para os que queren mellorar a súa resistencia e tempo, e ferro para os que queren manter un corpo forte e tonificar os seus músculos. En función do que ti queiras traballar, podes escoller un programa ou outro, desta volta creo que toca escoller lume aínda que nuns meses pode que xa esteas en ferro.

Dispoñible para Android e iOS.

  • Adestramento de 7 minutos

Trátase dunha app para aqueles que non teñen moito tempo e con 7 minutos de exercicio ao día poderás tonificar o teu organismo e corpo. Unha voz indicaráche as instrucións para facer os exercicios correctamente, cando cambiar e cando descansar. Esta app está recomendada para baixar de peso e mellorar a saúde cardiovascular.

Dispoñible para Android e iOS.

Adestramento de 7 minutos

  • Nike Trainning Club

Esta app inclúe máis de 100 adestramentos con indicacións visuais por parte de expertos dos exercicios que podes descargar, ter dispoñibles e pausarcando queiras. Ademais a app permite crear programas de exercicios ao teu gusto en función do obxectivo que teñas, adelgazar, tonificar, etc. e reparte a relización dos exercicios a longo da semana.

Todos os exercicios contan con vídeos demostrativos que nalgunhas ocasións están protagonizados por famosos, como Serena Williams.

Dispoñible para Android e iOS.

  • Sworkit

Podes deseñar a túa rutina de exercicios indicando o segmento corporal que queres traballar e adaptalo a túa axenda diaria. A app conta con vídeos de adestradores que chen van dando indicación verbais de como realizar as actividades correctamente. Sworkit permite desfrutar de todos os adestramentos libres e despois ofrece a opción de descargar a app de pago Sworkit Premium.

Dispoñible para Google Play e App Store. E tamén dispón dunha app adaptada para facer exercicio físico cos máis pequenos, Sworkit Kids, para mellorar a forza, axilidade e flexibilidade, dispoñible para Android e iOS.

Sworkit

  • Daily Yoga

E se ademais de perder peso che apatece relaxarte podes botar man desta app de ioga, a máis coñecida na actualidade. Proponche diferentes exercicios de ioga con diferentes duracións e niveis acompañados de música e de indicacións de voz de expertos na materia. Namasté!

Dispoñible para Android e iOS .

Xa nos contarás como che vai e cal é a que mellor se adapta aos teus horarios sen ter que ir ao ximnasio e perder tempo. E senón sempre che quedará a opción de poñerte a punto da man de Eva Nasarre, como hai anos se facía a través da televisión  .

Ata a próxima!