Love is in the air! Axudámosvos a afrontar o Día dos Namorados con estas apps de San Valentín. O móbil será o voso mellor aliado para guiar a Cupido nos seus disparos . Atención, este post pode provocar diabetes.

Citas para una cita

Se quedades en branco cando queredes dicir algo bonito, estas inspiradoras aplicacións sacaranvos do apuro.

  • Felicitaciones de San Valentín: dispoñible para Android
  • Reflexiones de amor: dispoñible para Android
  • WhatsArt: dispoñible para Android

Regaliños

Un detalle sempre será agradecido, así que podedes dicir “quérote” cunhas flores, unha postal ou unha foto inesquecible.

  • Interflora: dispoñible para Android
  • Marcos de amor: dispoñible para Android
  • Postales San Valentín: dispoñible para Android

Emoticonos e tons

Con estas apps poderedes establecer unha sintonía romántica cando chame a vosa persoa especial ou enviarlle emojis de amor moi curriños.

  • Tonos de Amor Romántico: dispoñible para Android
  • Love Art - Emoji Keyboard: dispoñible para Android

Compatibilidade

Na época pre móbil, Jesús Puente con “Su media naranja” era quen axudaba ás parellas para pescudar o seu grao de compenetración . Agora témolo máis fácil, só temos que descargar aplicacións como estas.

  • Love Test Calculator: dispoñible para Android e iOS

Xogos

Para pasar as horas mortas, podedes entretervos co aforcado do amor, facer uns quebracabezas ou lanzar frechas de Cupido ao estilo Pang.

    • Valentines Day Hangman: dispoñible para Android
    • Rompecabezas Amor: dispoñible para Android
apps de San Valentín ahorcado

Cea romántica

Se queredes conquistar polo padal, tedes aplicacións que vos darán ideas para preparar receitas afrodisíacas . Pero se a cociña non é o voso, sempre podedes reservar mesa nun restaurante.

  • Canal cocina HD: dispoñible para Android e iOS
  • ElTenedor Restaurantes España: dispoñible para Android e iOS

Cine

Os amantes do cinema podedes levar á vosa parella a ver unha película romántica. Na app de imdb podedes buscar por xénero e ver as últimas novidades. Dende a película seleccionada poderedes ver en que cinema preto da vosa localización están a poñela. Moi práctico, todo nun

apps de San Valentín imdb

Contacto con tacto

Se Tinder (Android e iOS) existise nos 90, perderiamos a Bertín Osborne e o seu programa de citas “Contacto con tacto” . A aplicación bota fume estes días, pero hai máis como Badoo (Android e iOS) ou Happn (Android e iOS).

Iso si, se odiades o Día dos Namorados, un consello, o 14 de febreiro apagade o móbil.

Un saúdo!