Se xa estás enganchado, coñecerás dabondo algunha destas apps de podcast para usar no teu móbilR. Se non é así, xa estás a tardar en descubrir un fenómeno con millóns de seguidores e crecendo. Non en balde, o mesmísimo Google se deu conta do tirón e acaba de estrear un propio podcast orixinal, chamado City Soundtracks. Apple non queda atrás e ao parecer xa está a traballar en melloras para optimizar a súa app Podcast.

Programas de radio, episodios da historia, conferencias sobre coaching e motivación, clases de inglés… todo en formato mp3 para que os escoites mentres traballas, conduces, antes de durmir ou cando ti queiras, directamente dende o teu móbil. Podes gozar estas pílulas en streaming ou descargalas para escoitalas aínda cando non teñas conexión a internet.

Apps de podcast

Os podcasters son os novos youtubers, non quedes atrás e súmate á comunidade. Aquí che deixamos algunhas das aplicacións que podes descargar para escoitar podcasts.

  • Ivoox: é a app máis popular sen dúbida. Escoita, comparte e descarga gratis audios de todo tipo de podcasts, programas de radio, conferencias, audiolibros… Podes subscribirte aos teus podcasts favoritos e recibir notificacións, crear listas de reprodución para escoitalos sen interrupcións, buscar por categorías e moito máis. Ollo, compatible con Chromecast. Agora xa non tes escusa para perder La rosa de los vientos .

    Dispoñible para Android e iOS

  • TuneIn Radio: aplicación gratuíta que ofrece a colección máis grande do mundo sobre deportes, noticias, música e radio. Desfruta de máis de 4 millóns de podcasts de todo o mundo dende o teu móbil. Pódelo usar nos teus dispositivos Android Wear ou con Google Chromecast, ademais de no teu Apple Watch.

    Dispoñible para Android e iOS

  • Podcast & Radio Addict: xestiona de forma gratuíta todos os teus podcasts de audio e vídeo, así como as túas canles de YouTube e feeds do móbil. Entre as súas características, descarga e streaming, busca, listas de reproducción, widgets personalizables, temporizador de apagado e compatibilidade con Chromecast.

    Dispoñible para Android

  • Podcast Radio Música - CastBox: ofrece máis de 400.000 podcasts, radios, audiolibros, talk shows, etc. Podes escoitalos en streaming ou descargalos no teu móbil, ademais Castbox recoméndache contidos en función dos teus gustos. Tamén podes subir os teus propios audios. Compatible con Chromecast.

    Dispoñible para Android e iOS

  • Podcast Republic: unha das apps máis valoradas e descargadas. Atoparás todo o que necesitas para administrar e reproducir os teus podcasts, audio libros e canles e listas de reprodución de YouTube. Moi interesante a función de sincronización das túas subscricións e estados de reprodución de episodios entre varios dispositivos. Podes retomalo onde o deixaches noutro dispositivo diferente ao que empezaches a reproducir.

    Dispoñible para Android

  • Podcast Player: aplicación gratuíta e sen anuncios para desfrutar de máis de 300.000 programas de noticias, ciencia, fitness, entretemento, música... Podcast Player está na nube e permíteche sincronizar os teus datos en todos os dispositivos. A app permíteche descargar podcasts e escoitalos sen conexión a internet. Moi útil o seu temporizador para que a aplicación se apague automaticamente se quedas durmido . Compatible con Chromecast.

    Dispoñible para Android

  • Podcast Go: sinxela e tamén gratuíta con máis de 300.000 contidos que podes buscar por categorías. Atopa, descarga e escoita podcasts sen conexión en calquera lugar e a calquera hora.

    Dispoñible para Android

  • Stitcher Radio: app gratuíta exclusiva para iOS, que se atopa no Top 50 iPhone Apps de TIME Magazine. Escoita en directo ou descarga máis de 65.000 podcast de noticias e temática variada.

    Dispoñible para iOS

  • TED: app temática e gratuíta moi interesante, na que poderás ver e escoitar as charlas do TED (Tecnoloxía, Entretemento, Deseño) sobre tecnoloxía, ciencia ou psicoloxía. Podes reproducila no teu móbil ou enviala ao teu sistema de entretemento doméstico a través de Chromecast ou con Android TV.

    Dispoñible para Android e iOS

Apps de podcast e máis

Android e iOS teñen as súas plataformas oficiais de audio para escoitar música, pero tamén podcasts. O mesmo ocorre coas canles máis populares de música, como SoundCloud e Spotify.

  • Google Play Music: dispoñible para Android
  • Podcasts: dispoñible para iOS
  • SoundCloud: dispoñible para Android e iOS
  • Spotify: dispoñible para Android e iOS

Buscadores de podcast

Todas as apps que vos recomendamos teñen o seu propio buscador de podcast por categorías, temática e demais, pero tamén podedes botar man de buscadores externos para atopar podcast. Deixámosvos dous por se vos interesan:

Xa tes todo o que necesitas para engancharte á febre do podcast. Pon os auriculares e a desfrutalos. E lembra que se non tes móbilR, temos a tarifa que necesitas.

Ata pronto!