Se es dos que vende ou dos que compra, dos que aluga ou dos que comparte. Busques o que busques, faino directamente dende o teu móbil con algunha destas apps para atopar piso. Non necesitas ter un ordenador diante, co teu smartphone podes atopar o piso perfecto e o compañeiro ideal. Descubre ofertas preto da túa localización, chatea cos propietarios ou comparte ese loft tan chulo en Facebook. E se es estudante e necesitas internet, aproveita a promo estudiantes de R.
Fotocasa
App gratuíta de referencia se buscas piso para alugar, vender ou compartir ou se queres anunciar o teu. Con Fotocasa garda as túas buscas, recibe notificacións ou descubre servizos próximos como colexios, hospitais, etc. E sobre todo, podes contactar directamente vía whatsapp.
Idealista
Patear as rúas para buscar piso está obsoleto, pero se te dás unha volta, a app de Idealista mostrarache inmobles que che poden interesar preto da túa posición. E se es ti o que ofrece a súa casa, a ferramenta de anuncios permíteche engadir toda clase de información e ata 40 fotos. Que botes man de Photoshop ou non, é cousa túa .
Badi
A rede social para os que queren compartir piso. Podes elixir o compañeiro perfecto, baseándote nos seus gustos e afeccións. Sube a túa habitación en Badi indicando cal é o perfil de inquilino que prefires. Os interesados poñeranse en contacto directamente contigo grazas ao chat integrado.
Vibbo
Antigo portal de anuncios Segundamano. Con Vibbo, á parte de atopar choios en todo tipo de artigos, poderás atopar casa. E con chat integrado para que poidas pedir máis detalles sobre ese apartamento tan cuki .
Pisos.com
A aplicación móbil de Pisos.com permíteche atopar casa moi rápido. Os seus filtros de procura, sistema de alertas e suxestións por localización, fará que encontres o teu novo piso nun tempo récord.
Habitaclia
Habitaclia axúdache a vender, comprar ou alugar calquera tipo de vivenda. Podes facer procuras por mapa ou por listaxe, recibir notificacións sobre cambio de prezos ou gardar eses pisos aos que xa lles botaches o ollo. Ademais, poderás compartir en redes sociais as casas que che gustan e así os teus amigos poderán darche a súa opinión.
Roompik
A app Roompik axúdache a atopar o compañeiro perfecto, porque tan importante é o piso como quen vive nel. A través de Facebook, a aplicación suxerirache perfís compatibles. E se es ti o que oferta o piso, tardarás só 3 minutos en crear o teu anuncio.
Como ves tes moitas ferramentas para cambiar de piso, empezar a vivir só, compartir casiña con novos amigos ou comprar o teu primeiro apartamento, ao ‘Sexo en Nova York’. Superado este paso, só che queda entrar en Ikea. Sorte!
Ata pronto!
Gif de CTV.