Dende o móbil podemos facer case de todo. Non se trata de falar só con el, como facía o Superaxente 86 co seu zapatófono . De feito, xa podes xestionar todos os servizos dende a app de R para android ou ios. Hoxe imos explicar como podedes configurar o router dende o móbil. Atención, porque resulta moi fácil e tremendamente cómodo.
Se aínda non descargaches a app de R, podes facelo dende Google Play ou iTunes. Ábrea e segue a ruta configurar > configurar internet > configurar o meu router. Dende aí poderás establecer os parámetros do teu router e resolver problemas da túa conexión a internet, entre outras moitas funcionalidades que agora che contamos.
Dende o menú tes acceso ás opcións que che interesa configurar:
Wifi
Permíteche configurar as distintas redes wifi, modificar o nome do punto wifi, a canle e o contrasinal. Se notas que a túa wifi empeorou, posiblemente estean a interferir outras wifis próximas na canle usada pola túa conexión e dende aquí podes atopar a mellor canle ou aquela que estea máis libre no momento.
Opcións avanzadas
Dende esta pestana poderás configurar dhcp/dns, firewall e NAT e outros parámetros:
- dhcp e dns: se precisas configurar un direccionamiento específico para a rede local
- dmz: configurar redirección de todos os portos a unha IP privada da túa rede local
- redirección de portos: configurar redirección de portos no router
- upnp: activa ou desactiva o servizo UPnP
- copia de seguridade: obtén unha copia da configuración do equipo para despois restaurar se o necesitas. Así, se o router sofre un reseteo a valores de fábrica ou outra incidencia, podes recuperar as configuracións realizadas cun só click
Diagnósticos
Un servizo moi útil para resolver os problemas máis comúns na conexión a internet. Pero ademais, podes realizar as seguintes operacións:
- autodiagnóstico
- equipos conectados (interesante tamén por se alguén que non coñeces está a conectarse á túa rede)
- ping: realiza un ping dende o router á IP indicada
- reiniciar
Útil, non? En próximas entregas, contarémosvos máis vantaxes da app de R.
Ata pronto.
Un saúdo!