De seguro que non o sabías, pero o mes de xullo de 1998 marcou un antes e un despois nas telecomunicacións de Galicia. Despois da lei do cable, polo cal comezaba a liberalización das telecos en España, en R obtiñamos a licenza para construír, partindo de cero, unha nova rede de fibra óptica.

Diante esperaban (e aínda esperan) centos de quilómetros de obras, miles de metros de novos cables, millóns de euros de investimento... Pero, sobre todo, moitas ganas e ilusión. As mesmas que continuamos a ter hoxe. En momentos así é cando podemos ver o que fixemos en dúas décadas de traballo e todo o que aínda nos queda por facer. Apenas estamos comezando 

Curiosidades

Botamos a andar en 1998, ano no que tamén naceu Netflix. E, curiosamente, acabamos de celebrar a súa integración na nosa televisión. Como de seguro non che aburrimos, aproveitamos para contarche algunhas curiosidades sobre a nosa historia:

  • Cando nacemos non eramos R, senón o Grupo Gallego del Cable.
  • A noso nome, R, xorde en marzo de 1999. Sabes o mellor? Que entre os nomes finalistas estaban Toc-Toc e Pixamas. Imaxinas que nos chamáramos hoxe en día así?
  • En maio de 1999 conseguimos os nosos primeiros clientes. Os seus nomes son Carlos (da Coruña) e Rosa (de Vigo).
  • En xaneiro de 2000 creamos as chamadas R. Todas as chamadas en Galicia custaban o mesmo, cando antes era máis caro chamar por exemplo de Ourense a Pontevedra.
  • Fomos o primeiro operador en España en empaquetar servizos (o que hoxe en día se chama triple ou cuádruple play). Si, son os nosos famosos combos 
  • Sacamos por primeira vez en Europa chamadas gratis dende o fixo a móbiles.
  • O vídeo baixo demanda (rebobina), chegou por primeira vez a Galicia da nosa man.

Como fomos cambiando

As velocidades nestes anos foron cambiando, tanto como as necesidades. É sorprendente como pasamos de depender do teléfono fixo (un referente en cada casa), a esquecelo grazas ao móbil. E como internet chega a calquera parte da nosa vida, cando antes era algo para ver webs.

Quixemos facer un resumo de como evolucionamos neste tempo.

Dende logo, é un pequeno resumo. Porque o máis importante de todo é que contamos cos mellores clientes do mundo. Sen vós non estariamos por aquí e o que máis orgullo nos dá é a vosa confianza, sabendo que ás veces non o facemos todo o ben que deberíamos. A nosa filosofía pasa por ofrecerche a mellora atención, unha gran calidade e que esteas a gusto co servizo. Agardamos poder demostarcho e estar, mínimo, outros #20anosporaquí!

Un saúdo!