Ola. Vimos que varios clientes nos comentan que no novo desco 4K con Android non poden usar a app de Youtube.

Iso é debido a un fallo na última actualización da aplicación de Youtube.

Para solucinalo, só tes que desinstalar dita actualización accedendo dende a pantalla de inicio do desco a Google Play > Mis aplicaciones > YouTube > desinstalar actualizaciones.

Para evitar que se volva actualizar mentras non se soluciona o fallo, podes desactivar temporalmente as actualizacións automáticas das apps en Google Play > Ajustes > Actualizar aplicaciones auto.

Un saúdo e ata a próxima!