Xente R - Página 3

Xente R

Festa da Maruxaina 2025: programa, datas...

A festa da Maruxaina 2025 celébrase na localidade lucense de San Cibrao, en Cervo, o sábado 9 de agosto. Ese día as miradas de veciños/as e visitantes diríxense cara a esta misteriosa serea cuxa lenda dá pé a unha das festas máis singulares do verán en Galicia. Contámosche máis sobre esta tradición e a súa axenda de actividades, con fogos, queimada e un multitudinario "Gran Xuízo Popular". Consulta aquí o programa da festa da Maruxaina 2025.

Xente R

Festas do Polbo do Carballiño 2025: datas, programa...

A Festa do Polbo é unha romaría gastronómica que congrega cada ano a decenas de miles de visitantes no Carballiño o segundo domingo de agosto. A Festa do Polbo do Carballiño 2025 será o 10 de agosto, día grande, pero as actividades e concertos comezan xa uns días antes. Consulta aquí as datas e o programa das Festas do Polbo do Carballiño 2025, que este ano celebra a súa 63 edición dedicada á cidade italiana de Noventa Padovana.

Xente R

Festas de Ferrol 2025: programa, concertos e cartel

Concertos gratuítos, actividades infantís e grandes verbenas coas mellores orquestras de Galicia. Así son as Festas de Verán en Ferrol 2025. Este ano entre o 22 e o 31 de agosto a cidade departamental énchese de actividades lúdicas, musicais e culturais para todos os públicos.

Xente R

Feira do libro da Coruña 2025: programa, autores, datas…

Enmarcada nas Festas de María Pita, a Feira do Libro da Coruña 2025 é un evento organizado pola Federación de Librarías de Galicia que se celebra do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez. Alí reúnense autores, lectores, librarías e editoras, todos xuntos celebrando o amor pola literatura. De feito, é unha das feiras de Galicia que máis afluencia teñen, tanto a nivel de casetas como de lectores e visitantes.

Xente R

Festas en Cedeira 2025: datas, programa, orquestras, concertos…

As festas en Cedeira 2025 honran do 1 ao 18 de agosto á patroa dos mariñeiros e da localidade, á Nosa Señora do Mar. O programa das festas de Cedeira 2025 inclúe concertos, orquestras, fogos artificiais, teatro... Tampouco faltan a tradicional procesión marítima, o Entroido de Verán nin a Xira a San Antonio.

Xente R

Festa do Albariño Cambados 2025: datas, programa, concertos...

O que nunca falta nunha boa festa galega é comida e bebida en abundancia. E na Festa do Albariño de Cambados conmemoran un deses imprescindibles: o viño. Do 29 de xullo ata o 3 de agosto 2025 Cambados celebra a súa famosa Festa do Albariño 2025. Consulta aquí o programa, as datas e os concertos para non perder detalle.