Ola. Se es un dos máis de 160.000 usuarios que desfrutas de wificlientesR, tes que saber que vas ter máis puntos á túa disposición para conectarte e navegar sen gastar datos.

O caso é que acabamos de ampliar a rede con 50 novos puntos de acceso de alta capacidade. De boas a primeiras 50 novos puntos fronte aos preto de 110.000 que temos repartidos por toda Galicia non parecen moitos. Pero si o son, se temos en conta que ofrecen maior cobertura, capacidade e velocidade.

Como é iso? Pois por unha banda son puntos wifi instalados en exteriores, pensados para cubrir máis espazo, co que teñen unha maior cobertura. A idea é que nunha praza, nun parque ou nunha rúa con moita afluencia de xente e, polo tanto, de clientes de R, teñas un acceso potente para estar conectado mentres paseas ou falas cos amigos. Un punto normal de wificlientesR ten un alcance máis limitado, polo que para estes lugares estivemos a traballar nesta solución que che vai resultar moi útil.

Ademais, estes puntos wifi soportan moitos usuarios conectados a un tempo. De seguro que algunha te quixeches conectar a un punto wificlientesR e non podías. O motivo é porque eses puntos teñen unha limitación de usuarios, para garantizar a conexión. Nestes novos accesos podemos multiplicar por 20 os usuarios conectados a un tempo.

Ademais, tamén aumentamos a capacidade da conexión. Agora poderás navegar moito máis rápido. Trátase dunha rede wifi, polo que todo vai depender da distancia e demais pero, en condicións boas poderíanse aplicar os tres 100:

  • entre 50 e 100 metros de cobertura.
  • ata 100 clientes conectados de forma simultánea.
  • ata 100 megas de conexión.

Se non tes no teu móbilR configurado wificlientesR, xa tardas. Ademais, agora é moito máis sinxelo, porque ao descargar a nosa app xa che salta un aviso para que o configures. Un clic e listo se tes un Android. E no caso de que teñas un iphone con móbilR, só é descargar o perfil coa configuración e voilá!

E este verán, que tan bo tempo nos está a deixar, continúa a navegar gratis nos máis de 100 concellos nos que temos wificlientesR cando vaias de festa ou de viaxe. Máis de 160.000 clientes xa o están a facer, gastando máis de 3TB de tráfico diario. Pero queremos que sexan máis 

Por certo, que che deixamos o listado con esas 50 zonas con wifi de alta capacidade. De seguro que non contas 50 exactas, pero iso é porque nalgúns sitios puxemos dous puntos wifi:

  • Vigo: Príncipe, Porta do Sol, praza Industria, travesía de Vigo, praza da Independencia e Montero Ríos.
  • A Coruña: praza de Lugo, praza de Pontevedra, praza de Vigo, praza de España, Obelisco e Ramón y Cajal (Catro Camiños-El Corte Inglés).
  • Ourense: praza de Santa Eufemia, parque de San Lázaro, xardíns do Posío, praza da da Mariña, prazada da Estación tren e praza das Mercedes.
  • Lugo: praza Maior, praza de santo Domingo, praza do Campo Castelo, parque da Milagrosa e rúa Raíña.
  • Santiago: praza de Galicia, praza Roxa, parque de Ramírez, rúa da Rosa e General Pardiñas.
  • Pontevedra: xardíns de Vicenti, praza de España, praza da Verdura, praza de San Xosé, glorieta da Avenida Compostela e Benito Corbal.
  • Ferrol

Con calquera dúbida que teñas, aquí nos tes.

Un saúdo!

Imaxe de Toni Hukkanen