Algunha vez preguntácheste como Netflix sabe que serie che vai gustar se viches “El desorden que dejas”? Parece cousa de ciencia ficción, pero non, é a Intelixencia Artificial. Datos e máis datos que as plataformas de entretemento recompilan para mellorar e personalizar a túa experiencia de uso.

A IA rodéate no teu día a día e non te decatabas. Está presente en Netflix, Amazon Prime Video ou Spotify, entre outras moitas, pero como?:

  • Recomendacións personalizadas: Pescudar cales son as películas, series ou cancións que máis che van gustar é vital para manter subscritores e aumentar o uso das plataformas. Para dar no cravo, recoméndanche o contido que lles gustou a outros usuarios cos teus mesmos gustos e suxírenche o contido máis parecido ao que che gustou a ti mesmo no pasado.
  • Busca intelixente: Cando introduces texto no buscador, o resultado que mostra depende do teu perfil de consumo e do que un modelo de IA cre que queres dicir e buscar realmente. Ademais, analizan o contido das pelis, series ou cancións para ofrecerche os resultados máis axustados á túa búsqueda.
  • Cómo la Inteligencia Artificial mejora tu experiencia de uso de Netflix, Amazon Prime Video o Spotify
  • Xeración automática e personalizada de portadas: Cantas veces decidiches que peli ver só pola imaxe da portada 😉. As plataformas de entretemento o saben e aprenderon a coñecer que che teñen que mostrar para captar o teu interese: imaxes que evocan drama, comedia ou determinados actores. Ademais, a localización de cada imaxe e produto tampouco é froito do azar, senón que está deseñada para que atopes facilmente o que che interesa.
  • Post-produción dos contidos: Netflix ou Amazon Prime Video utilizan modelos de Intelixencia Artificial para revisar a calidade do contido e para lograr axustar os subtítulos e o son, evitando erros.
  • Calidade da conexión: Un dato para que che fagas unha idea, Netflix consome un 15% do ancho de banda mundial da internet. Aí é nada. Para que teñas un tempo de carga adecuado e vexas as pelis coa maior calidade posible, Netflix necesita predicir o ancho de banda necesario para cada rexión. Isto permítelle, ademais, optimizar o gasto en servidores e conexións de rede.

Como ves, a Intelixencia Artificial é ben lista e axuda a Netflix, Amazon Prime Video ou Spotify a mellorar a túa experiencia de uso grazas a todos estes datos: data, localización ou contido que ves ou escoitas, que dispositivos usas para reproducilo, cando pausas ou aceleras a súa reprodución, cando fas scroll ante contido que non che convence e que buscas realizas.

E esta é, en definitiva, a clave do éxito do streaming no mundo do entretemento.

Artigo de Ignacio Vilaplana, responsable da área de Intelixencia Artificial de R.