Hai uns días démosvos unha pista e algúns o adiviñastes. Volven os monólogos R! Este ano contaremos con Xosé Antonio Touriñán, que lles vai presentar en exclusiva aos clientes de R o seu novo monólogo “Aquí estou”. Asegurámosvos que vos ides a partir de risa.
Touri é un clásico dos monólogos R, nos que nos acompañou en máis dunha ocasión. Coñecémolo xunto a Marcos Pereiro como a metade do dúo cómico “As Cantareiras de Ardebullo” e dende aquel momento non parou de traballar en televisión, teatro e cine.
Agora atópase inmerso na xira de presentación da versión teatral de “Fariña”, tras o éxito rotundo da serie, na que interpreta ao fillo de Manuel Charlín. Pero sempre nos fai un oco na súa axenda .
Datas
Tes ganas de ver o monólogo de Touriñán? Anota na túa axenda a primeira parada da xira:
- Ourense, venres 28 de febreiro, ás 21:00 h (Auditorio Municipal)
E non nos perdas de vista porque de contado anunciaremos novas cidades.
Como conseguir entradas
Se queres asistir, moi atento ás nosas redes sociais (Instagram, Twitter e Facebook). Participa no concurso para conseguir a túa entrada, só tes que responder á pregunta “Cal foi o momento máis gracioso da túa vida?”.
Moita sorte!