Black Friday hai moitos, pero venres neghro só un, e é de R. E como é auténtico, ademais de ‘descontazos’ en móbiles, regalámosche 3 meses de xigas ilimitados.

Na páxina de móbiles de R verás ao noso ‘ñeco’ venres neghro nestes tres ‘choiazos’: Oppo A54, Oppo A94 e Xiaomi 11 Lite NE.

Por que compralos en Black Friday?

Somos de sumarnos ás modas, pero a verdade é que a do Black Friday ten bastantes vantaxes.

  • Atopas descontos que máis tarde non vas encontrar.
  • Adiantas as compras do Nadal e así nas festas só te preocupas de gozar.
  • Divides os gastos en dous meses, que xa bastante desembolso toca en decembro.

Así que, xa sabes, se regalas ti só, fas bote con outros ou che autoagasallas, aproveita o venres neghro de R para comprar un destes móbiles.

Oppo A54 por 6€/mes

Oppo A54 por 6€/mes

Se necesitas que o teu móbil aguante o teu ritmo todo o día, este é o teu móbil. Os seus 5.000 mAh danche para 13 horas de visualización de vídeo ou 27 horas de tempo de chamada. E co modo de aforro de enerxía, o 5% da batería permíteche ‘chatear’ ata 1 hora en WhatsApp.

Ten un deseño premium e unha pantalla grande de 6,49 polgadas para que vexas moito mellor as túas series, fotos, vídeos… E olliño coa cámara: catro lentes 48+8+2+2 MPX con IA para obter sempre a escena adecuada. Para os selfies tes 16 MPX.

Algún dato máis que debes ter en conta á hora de elixir móbil: 64GB de almacenamento, 4GB de memoria RAM e sistema operativo Android 11.

Oppo A94 por 11€/mes

Oppo A94 por 11€/mes

Ultrafino e ultralixeiro. Así é o Oppo A94, un móbil de 6,43 polgadas con carga rápida 30W; en 5 minutos terás batería para case 3 horas de chamadas.

Pero uno dos seus puntos fortes é sen dúbida, a cuádrupla cámara traseira 48+8+2+2 MPX con efecto de desenfoque dinámico e IA para optimizar as túas imaxes. Conseguirás uns resultados moi ‘pros’ nos teus vídeos, especialmente nos nocturnos, grazas ao algoritmo Ultra Night Video. Ademais, podes gravar simultaneamente coas cámaras traseira e frontal en modo de pantalla dividida. A cámara selfie ten 16 MPX.

E se xogas a través do móbil, o seu Game Focus Mode ofréceche unha experiencia inmersiva sen interrupcións.

Máis detalles: 128GB de almacenamento, 8GB de RAM, procesador 5G de oito núcleos con frecuencia CPU de ata 2,4 Ghz e sistema operativo Android 11.

Xiaomi 11 Lite NE por 13€/mes

Xiaomi 11 Lite NE por 13€/mes

Preguntarasche que é iso de NE, pois moi fácil: New Edition. É que Xiaomi presenta este novo modelo cunha potencia mellorada e maior velocidade.

Pantalla resistente AMOLED de 6,55 polgadas e un deseño lixeiro e manexable. O módulo da cámara traseira é case plano para que apenas sobresaia.

E falando da cámara, atento: sensor principal de 64 MPX, ultra angular de 8 MPX con campo de visión 119º e telemacro de 5 MPX. Xa para selfies, 10 MPX. E en tema vídeo, vas a outro nivel con efectos especiais como tempo conxelado, zoom máxico ou time-lapse nocturno.

Complétano: almacenamento de 128GB, memoria RAM de 8GB, batería de carga rápida 33W e sistema operativo Android 11.

Aproveita o venres neghro de R e leva un móbil con ‘descontazo’ e de regalo xigas ilimitados durante 3 meses: Oppo A54, Oppo A94 e Xiaomi 11 Lite NE.

Ata o 30 de novembro!!