Ola. Como sabes, con wificlientesR fixemos realidade un pequeno soño, xa que creamos a maior rede wifi de toda Galicia. Botamos a andar esta nova rede o verán pasado e só podemos darche as grazas, xa que o mérito, tanto por uso como por participación, é sobre todo teu.

De feito, hai máis de 110.000 clientes que usan a rede de forma habitual, unha cifra que non podíamos nin imaxinar cando lanzamos o servizo. Non obstante, seguro que algún cliente anda despistado ou non coñece a rede e non activou o acceso. É algo moi sinxelo, xa que só tes que baixar a app de R e configuralo no teu móbilR ou dispositivo. Velaquí toda a información que precisas.

Arestora existen dispoñibles preto de 90.000 puntos wifi nos 101 concellos galegos nos que temos despregada a nosa rede de fibra. Polo que se esta Semana Santa vas a calquera das grandes procesións que hai na nosa comunidade, como a de Viveiro, Ferrol ou Cangas, vas ter conexión no teu móbilR. E quen fala de Semana Santa fala de calquera fin de semana, festivo ou celebración que se prece na nosa xeografía. O caso é que lle poidas tirar proveito a eses miles de puntos wifi, que ademais son gratuítos e non teñen límite de datos á hora de conectarte.

Pero vamos ao gran. Non seriamos R se nos quedásemos aí, se non mirásemos máis alá e buscásemos un xeito de darche un mellor servizo e facer de wificlientesR unha rede sen a cal non poderías vivir. Así que durante os próximos meses imos investir en ampliar a cobertura e a capacidade de wificlientesR. Imos crear puntos de acceso de alta capacidade que van supoñer un salto de calidade, xa que permiten:

  • maior cobertura, ao cubrir un radio de entre 50 e 100 metros.
  • maior capacidade, ao permitir que se conecten de forma simultánea ata 100 clientes.
  • e máis velocidade, con conexións que poderían chegar ata os 100 megas (sempre que o teu móbil e a distancia ao punto de de acceso o permita, claro )

É dicir, estes puntos de alta capacidade posibilitan a regra dos tres 100: metros, clientes e megas.

E como imos facer isto? Pois aquí é onde entras ti como cliente, polo que che agradecemos que nos botes unha man. Ti, mellor ca ninguén, sabes cal é o lugar do teu concello no que máis xente se reúne, onde hai máis actividade ou movemento. Nese sitio precisamente é onde queremos intentar montar estes puntos de acceso de alta capacidade .

Necesitamos que nos indiques a praza, rúa o lugar de encontro da túa cidade ou vila no que cres imprescindible que reforcemos wificlientesR, porque sería o lugar de maior uso. Nesta ampliación da rede imos priorizar as túas suxestións, polo que xa estás tardando en comentarnos todo o que queiras.

Podes deixar aquí o teu comentario ou ben escribirnos a [email protected] co asunto “ampliación wificlientesR”. Lembra indicarnos o nome da localidade, o enderezo no que queres que despreguemos ese acceso de alta capacidade e a razón pola que consideras que debemos facelo aí e non noutro sitio.

Un saúdo!