Moitos nos preguntades onde podedes facer esta ou aqueloutra xestión en R. A maneira máis rápida e cómoda é dende o móbil a través da app de cliente de R para móbiles Android e iOS.
Poucas cousas hai que non poidas facer dende a app sen necesidade de moverte de casa. Aí podes xestionar as túas consultas máis habituais, como o consumo de datos ou chamadas; contratar novos servizos, dende un móbil a un paquete de tv; configurar a túa wifi e un longo etcétera.
O mellor é que a descargues e fedelles nela para ver todo o partido que lle podes sacar. Nós imos che falar das xestións máis habituais e polas que máis nos preguntades.
Por onde empezo?
Antes de nada, debes activar a túa conta en http://clientes.mundo-R.com indicando o NIF do titular e un contrasinal. Cando xa o teñas, descarga a app para móbiles Android e iOS e introduce ese mesmo NIF e contrasinal. Xa estás dentro .
Dende a app, no botón “os meus datos”, verás toda a túa información como cliente de R e poderás modificala: como nos comunicamos contigo (email, teléfono, SMS...), a túa conta bancaria, pasar a factura electrónica, domicilio, etc.
Internet e wifi
No apartado “internet” de “servizos de cliente” podes:
- Configurar o teu router
- Ver ou cambiar os parámetros da túa wifi: modificar o nome e contrasinal ou buscar a mellor canle para evitar interferencias
- Configurar contas de correo
- Activar, se aínda non o fixeches, wificlientes R
móbilR
Pulsa o botón “móbilR” para xestionar todos os servizos:
- Consultar o teu consumo en calquera momento
- Cambiar de tarifa
- Activar internet comigo para desfrutar dun bono de 30GB
- Contratar bonos de datos se se che esgotaron
- Renovar o teu móbil
- Activar o roaming
- Controlar o gasto do teu teléfono móbil
- Configurar as restricións na túa liña de móbilR
- Configurar chamadas perdidas e en espera
- Configurar os desvíos de chamadas e contestador do teu móbilR
Teléfono fixo
Dende o menú “teléfono” podes establecer os axustes da túa liña de fixo de casa:
- Ver o teu consumo dende a última factura
- Desviar as chamadas recibidas a outro teléfono
- Restrinxir chamadas
- Configurar o contestador
- Xestionar as chamadas en espera
- Enviar e recibir fax
Televisión
Dende a app controlas os principais axustes do teu servizo de tele:
- Pasar ao deco 4K (no botón “tenda R”)
- Contratar Netflix
- Diagnosticar o teu servizo de tv
- Engadir paquetes de tv premium
Promos e facturas
Na app contámosche as “promos para min” que desfrutas por ser cliente de R. Ademais, podes descargar e ver a túa factura, estatísticas e evolución por meses.
Como ves é moi completiña. Fixémola pensando en facerte a vida máis fácil . Se tes calquera dúbida, escríbenos e axudarémoste. Ademais, mensualmente irémoste contando máis cousiñas da app de R no noso boletín de servizos.