Seguramente estes días estás a tirar máis do wifi da casa que antes. Ao final son moitos dispositivos conectados á vez e iso se nota. Pero podes conseguir máis velocidade e menos interferencias utilizando a rede de 5Ghz do teu router. Igual non sabías que había esa opción e, crenos, marca a diferenza. E o mellor de todo é que podes facelo ti mesmo nuns segundos. Contámosche como cambiar á rede de 5Ghz.
En casa tes un router de R de última xeración que emite dúas redes wifi, e seguramente só utilices unha delas. Para conectar os teus dispositivos á rede wifi 5G, só tes que seguir estes pasos:
- Busca as redes wifi no teu dispositivo. Verás que che aparece a mesma rede dúas veces, unha delas acabada en _5G. Se o teu dispositivo non dispón de conexión wifi 5G xa non che aparecerá na listaxe.Conéctate co teu mesmo contrasinal á rede 5G e listo. É importante que non borres nin desconectes a túa outra rede porque che pode proporcionar mellor cobertura en zonas que estean máis afastadas do cablemódem.
- Configura todos os teus dispositivos: móbil, portátil, tablet... para que se conecten de forma automática a esta rede de 5Ghz, e aproveita ao máximo a túa conexión.
Agora, o wifi da túa casa irá como un foguete. 3, 2, 1... Despeguen!
Como ves, o proceso é moi senxiliño, pero se tes algunha dúbida, escríbenos un comentario e axudámosche.