Estes días de #EuQuedoNaCasa estás na casa con máis tentacións que nunca, a neveira, o sofá... Pero agora máis que nunca debes coidar a túa saúde física e mental. E imos axudarte a conseguilo.

Propoñémosche seguir en directo os adestramentos diarios que adestradores/as e ximnasios comparten nas súas redes sociais. Ademais, buscamos para ti un feixe de apps para o móbil e canles de Youtube coas que poderás ter a túa rutina de exercicios, aprenderás a relaxar e controlarás a túa alimentación. Apúntaste?

#YoMeMuevoEnCasa

Xa se sabe que canto menos fas, menos apetece. Pero temos que vencer esa preguiza e tentar facer algo de exercicio na casa. Ademais de manterte en forma, o deporte mellora a túa saúde e libera endorfinas, a hormona da felicidade . Todo vantaxes, así que cambia o pixama polo chándal e dálle duro.

Para que evites pospoñer o teu adestramento, o mellor é que sigas clases en directo en streaming para marcarte unha rutina. A iniciativa #YoMeMuevoEnCasa ofréceche unha chea de alternativas en Instagram. Os/as mellores adestradores/as, como Martin Giacchetta, Paula Butragueño, as Xemelgas Pineda ou Cesc Escolá, comparten os seus plans de adestramento cada día nos seus perfís de Instagram. Na web http://yomemuevoencasa.com podes ver todos os horarios e contas que debes seguir.

Recomendaciones para hacer deporte en casa #YoMeMuevoEnCasa

Pero non son os únicos que che poñen en forma a diario, a maioría dos ximnasios ofrécenche a posibilidade de seguir as súas clases en directo. Podes facer ‘combat’, ‘gap’ ou abdominais nas clases do Metropolitan; bótalle un ollo ao horario de actividades. O GHome de Altafit é outra opción, este é o seu calendario. Holmes Place falo a través de Facebook Live Live e se prefires algo de ioga, segue as clases de Yoganorte na súa canle de Instagram todos os días ás 18:30h.

Se prefires organizar a túa propia rutina de exercicios, márcate o teu propio ritmo con táboas de exercicios e clases que podes seguir en Youtube. Seguro que xa che pasaron por algún grupo de WhatsApp este calendario de adestramento.

Recomendaciones para hacer deporte en casa Calendario entrenamiento

Apps no móbil e canles de Youtube

Fitness

Se te apetece facer fitness, hai miles de apps moi interesantes que che van guiando e dando consellos: Google Fit (Android e iOS), Nike Training Club (Android e iOS), adidas Training by Runtastic (Android e iOS), Sworkit (Android e iOS), Les Mills Releases (Android e iOS), WODs Master - Crossfit Workouts (Android).

Sempre podes seguir os vídeos en Youtube de influencers do deporte como Patry Jordan, Cesc Escolà de OT, XHIT Daily, Rebecca-Louise o Anna Renderer. Prepárate para suar a pinga gorda!

Ioga

Se estás a alongar máis da conta o teletraballo, virache ben practicar ioga para estirar os músculos e sentirte ben contigo. Estas apps propóñenche exercicios de ioga con diferentes duracións e niveis acompañados de música e indicacións de voz de expertos na materia. Namasté!: Daily Yoga (Android e iOS), Yoga Studio (Android e iOS), Stretching & Pilates Sworkit (Android e iOS), Yoga - posturas y clases (Android e iOS), Yoga Down Dog (Android e iOS).

En Youtube tes que seguir si ou si a estes yoguis: Xuan Lan, Adriene Mishler e Kino McGregor.

Meditación

Para desestresar e acougar a ansiedade, dedícalle uns minutos ao día á meditación e mindfulness. Durmirás como un bebé Headspace (Android e iOS), Calm (Android e iOS), Insight Timer (Android e iOS), Intimind (Android e iOS), Stop, Breathe & Think (Android e iOS), Simple Habit: Meditation App (Android e iOS).

Alimentación saudable

E non esquezas manter unha alimentación saudable. Agora que tes tempo é un bo momento para mirar con calma o que comes. Sabes cantas calorías ten a pizza? Poderás sabelo con estas aplicacións: Yuka (Android e iOS), El CoCo (Android e iOS), Contador de Calorías (Android e iOS), Freeletics Nutrition (Android e iOS), FatSecret (Android e iOS).

E ti, móveste na casa? Comparte connosco as apps e youtubers que segues durante o #EuQuedoNaCasa.