R é un pouco diferente. E esa forma de ser levámola sempre ás nosas campañas publicitarias, tan recoñecibles.
Esa é tamén a idea coa que naceu a marca R, alá por 1999: un nome impactante e diferencial, á vez que difícil de esquecer. Que rompese as regras, pero con ‘sentidiño’.
Precisamente, nunha desas primeiras creatividades podíase ler: “E como lle digo eu agora á miña nai onde traballo?”.
Sempre quixemos facer as cousas dunha forma distinta.
E para mostra, as primeiras campañas publicitarias de R. Intre revival!
Anticípate
Con esta sinxeleza, diciamos moitas cousas no ano 2000. É unha das nosas campañas máis emblemáticas e divertidas. Porque o sentido do humor nunca faltou nos nosos anuncios.
A campaña “Anticípate” reflectía o espírito de empresa que R quería ser en Galicia: unha marca que sempre vai por diante.
Uns visionarios, vaia 😉.
R é un pouco diferente
E este anuncio de 1999 non o pode deixar máis claro. Como curiosidade, dicir que foi dirixido pola cineasta Isabel Coixet.
Rebobinamos 23 anos atrás.
Cóntanos, lembrabas estes anuncios? Que che parecen?