En R estamos moi comprometidos coa cultura emprendedora en Galicia. Un ano máis estaremos a apoiar o foro de emprendemento Pont-Up Store, que se celebra do 17 ao 19 de setembro.

A feira, promovida pola Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra, adaptou o seu formato ás circunstancias actuais cun bo número de actividades online, como o webinar sobre Estratexia dixital que preparamos dende R pensando en todos os emprendedores e nos que están a pensar emprender, para posicionar o seu negocio no mundo dixital.

7ª edición de Pont-Up Store

Baixo o lema “Unha etapa no camiño de emprender”, Pont-Up Store chega á sétima edición mantendo o seu obxectivo de apoiar o emprendemento e incrementar a cultura emprendedora na sociedade. Retos que tamén compartimos en R, por iso colaboramos un ano máis con este encontro, que se converteu nun referente do noroeste peninsular.

Este ano, o Pont-Up Store será, como che diciamos, máis online que nunca debido á situación actual, cunha chea de actividades para que todos poidades seguir este foro de emprendemento tan necesario.

Webinar de Márketing Dixital

Dende R organizamos este ano un webinar online que podes seguir dende a casa. O noso obxectivo é ensinar como o márketing dixital pode levar o teu negocio ao seguinte nivel: mellorar a presenza e posicionamento online do teu proxecto para atraer clientes/as e aumentar as túas vendas.

Realizaremos dúas sesións que non podes perder. Inscríbete aquí.

  • venres 18, de 10:00 a 11:30 h
  • sábado 19, de 10:00 a 11:30 h

Esperámoste!