3ollos R coida da túa casa ou negocio por ti cando ti non estás. Se queres coñecer en todo momento o consumo eléctrico do teu fogar, necesitas un medidor de enerxía eléctrica.

Poderás aforrar comparando a potencia utilizada rexistrada polo medidor coa que aparece na factura da luz. Ademais, podes configurar 3ollos R para recibir avisos cando os chumbos estean a piques de saltar ou cando o consumo do teu fogar sexa máis alto do habitual.

Se ademais o combinas con enchufes intelixentes de 3ollos R, controlarás o consumo individual dos teus electrodomésticos ou poderás apagar o ferro de pasar se o deixaches aceso.

O medidor de enerxía eléctrica está formado por dous cables para conectar no cadro eléctrico da túa casa e unha pinza amperimétrica que vai colocada ao redor do cable do cadro que entra ao fusible. Pero tranquilo, un instalador de R certificado xa cho pon dentro do cadro para que non se vexa nada e non teñas que preocuparte .

Medidor de energía eléctrica

Monitoraxe de consumos

Este sensor mide en tempo real a potencia que estás a consumir, así como a acumulada que poderás comparar coa túa factura.

A potencia instantánea medida en vatios (W) indícache canta electricidade se consome por segundo. A enerxía acumulada, doutra banda, ofréceche a cantidade de electricidade consumida nun período (un mes, por exemplo). A túa compañía eléctrica cóbrache pola potencia que contrataches, un valor fixo cada mes, e pola enerxía que consumiches (acumulada), un valor que depende dos teus hábitos e que varía cada mes.

Dende a app de 3ollos R (dispoñible para Android e iOS) poderás ver en todo momento as gráficas do teu consumo e facer un seguimento do mesmo.

Medidor de energía eléctrica gráficas

Comparar o medidor de enerxía eléctrica de 3ollos R coa túa factura da luz é moi sinxelo. Só tes que seguir estes pasos:

Medidor de energía eléctrica comparar factura

  • paso 1: busca o medidor de cadro desprazándote cara abaixo na aplicación de 3ollos R
  • paso 2: pulsa en "accións" na caixa do medidor. Despois, pulsa en "poñer a 0 consumo". Realiza esta acción o mesmo día que se inicie o ciclo de facturación. Tamén podes crear unha regra para programar o reseteo, por exemplo, podes indicarlle que se resetee todos os días 1 do mes

Establece os avisos do medidor de enerxía eléctrica directamente dende o móbil a través da app de 3ollos R (dispoñible para Android e iOS) ou dende a web 3ollosR.mundo-R.com.

Alertas de consumo excesivo e aviso saltar os chumbos

Configura 3ollos R para recibir avisos cando os chumbos estean a piques de saltar ou cando o consumo do teu fogar sexa máis alto do habitual.

Poderás saber se deixaches algún electrodoméstico aceso vendo o consumo. Se ves que o consumo é superior ao habitual pode ser que deixases aceso o ferro .

Custo do servizo

  • 9€/mes para clientes de combo ou mambo: cota do servizo gratis, concentrador 5€/mes e medidor de enerxía eléctrica 4€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador é gratis polo que só pagarás os 4€ do medidor.
  • 18€/mes para resto de clientes: cota do servizo 9€/mes, concentrador 5€/mes e medidor de enerxía eléctrica 4€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses a cota do concentrador e o servizo é gratis polo que só pagarás os 4€ do medidor.

> contrata aquí

Resolvemos as túas dúbidas

Aquí estamos para resolver as dúbidas que teñas sobre 3ollos R. Ademais, podes consultar na web de respostas as preguntas máis frecuentes, descargar os manuais de 3ollos R ou entrar no foro.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!