Este Nadal, colle os patíns e lánzate á pista. Percorremos as principais pistas de xeo Galicia 2025 - 2026 para que coñezas os horarios e prezos da pista de xeo da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol.

Pista de xeo A Coruña 2025 - 2026

Pista de hielo A Coruña 2025

Imaxe: Autoridad Portuaria de A Coruña

A pista de xeo A Coruña 2025 - 2026 repite localización no peirao de Calvo Sotelo.

Está situada ao aire libre, está cuberta e dispón duns 600 metros, espazo suficiente para facer as delicias de pequenos/as e adultos.

A pista de xeo A Coruña 2025 - 2026 estará aberta ao público dende o venres 21 de novembro de 2025 ao 1 de febreiro de 2026.

  • Localización: peirao de Calvo Sotelo.
  • Apertura: 21 de novembro de 2025 - 1 de febreiro de 2026.

Horario da pista de xeo A Coruña 2025 - 2026

Este é o horario da pista de xeo da Coruña 2025 - 2026 para o público xeral:

Período escolar:

  • Luns a xoves: 16:45 - 21:30 h.
  • Venres: 16:45 - 22:15 h.
  • Sábados, domingos e festivos: 11:00 - 23:00 h.

Vacacións escolares:

  • Luns a domingo: 11:00 - 23:00 h.
  • 24 e 31 de decembro 2025: 11:00 - 18:00 h.
  • 25 de decembro 2025 e 1 e 6 de xaneiro 2026: 18:00 - 23:00 h.

Prezo da pista de xeo A Coruña 2025 - 2026

  • 9,90 € por persoa para un tempo de 30 minutos (patíns incluídos).
  • 2 € as belugas (sillas portátiles para patinar).
  • 2 € as luvas.

E se queres saber máis actividades destas festas, infórmate aquí:

Pista de xeo Santiago de Compostela 2025 - 2026

pistas hielo galicia coruna

O 19 de decembro de 2025 inaugúrase a pista de xeo de Santiago de Compostela 2025 - 2026. A pista de xeo ecolóxica instálase no Paseo Central da Alameda, xunto con outras atraccións, como unha parede de escalada ou xogos infantís.

  • Localización: Paseo Central da Alameda.
  • Apertura: a partir do 19 de decembro de 2025.

Horario da pista de xeo Santiago de Compostela 2025 - 2026

Este é o horario da pista de xeo de Santiago de Compostela 2025 - 2026:

  • Todos os días: 11:00 - 14:00 e 17:00 - 20:30 h.
  • 24 e 31 de decembro 2025: 11:00 - 14:00 h.
  • 25 de decembro 2025, 1 e 6 de xaneiro 2026: pechado.

Prezo da pista de xeo Santiago de Compostela 2025 - 2026

A pista de xeo de Santiago de Compostela 2025 - 2026 é gratuíta, así como o resto das actividades que se celebran no Paseo da Alameda.

  • De balde.

Para máis plans estas festas en Compostela, mira aquí:

Pista de xeo Vigo 2025 - 2026

Á pista de xeo Vigo 2025 - 2026 de Samil, hai que sumar as novas pistas de xeo do espazo Vialia on Ice na praza do Centro Comercial Vialia.

Pista de xeo de Samil Vigo 2025 - 2026

Pista de hielo de Samil Vigo 2025 2026

Imaxe: Pista de xeo Samil Vigo

Ademais da pista de xeo cuberta na praia de Samil, podes gozar dunha pista de karts.

  • Localización: Praia de Samil.
  • Apertura: 28 de novembro de 2025 - 1 de febreiro de 2026.

Horario da pista de xeo de Samil Vigo 2025 - 2026

  • Días laborables: 17:00 - 22:30 h.
  • Días laborables do 21 de decembro 2025 ao 16 de xaneiro 2026: 17:00 - 23:00 h.
  • Venres, sábados e vésperas de festivo: 11:00 - 00:30 h.
  • Domingos e festivos: 11:00 - 23:30 h.
  • Días 24 e 31 de decembro 2025: 11:00 - 20:00 h.
  • Día 5 de xaneiro 2026: 11:00 - 22:00 h.

Prezo da pista de xeo de Samil Vigo 2025 - 2026

  • Entrada xeral: 8 €.
  • Rapazada asta 6 anos: 6 €.
  • Maiores de 65 años, persoas con mobilidade reducida, acompañantes de menores (ata 6 años) e de persoas con discapacidade: de balde.
  • Familia numerosa: 1€ / entrada.
  • Persoas con discapacidade (+33%): 50% de desconto.

Pista de xeo Vialia on Ice Vigo 2025 - 2026

A praza do Centro Comercial Vialia estrea dúas pistas de xeo en Vigo 2025 - 2026, unha delas infantil. Ademais de patinar, no novo espazo Vialia on Ice gozarás de tobogán de zorras, tren do Nadal ou mercado.

  • Localización: Praza do Centro Comercial Vialia.
  • Apertura: xa dispoñible.

E se queres saber máis plans de Nadal en Vigo 2025 - 2026, infórmate aquí:

Pista de xeo Pontevedra 2025 - 2026

pistas hielo coruña galicia

A pista de xeo Pontevedra 2025 - 2026 instálase na avenida de Montero Ríos e ten unha superficie de 300 metros cadrados.

  • Localización: Avenida de Montero Ríos.
  • Apertura: 5 de decembro de 2025 - 2 de xaneiro de 2026.

Horarios da pista de xeo Pontevedra

Do 5 ao 19 de decembro de 2025:

  • De luns a venres: 17:00 - 22:00 h.
  • Fins de semana e festivos: 11:00 - 14:00 e 17:00 - 22:00 h.

Do 22 de decembro de 2025 ao 2 de xaneiro de 2026:

  • Todos os días: 11:00 - 14:00 e 17:00 - 20:00 h.
  • 24 e 31 de decembro 2025: 11:00 - 14:00 e 17:00 - 20:00 h.
  • 25 de decembro 2025 e 1 de xaneiro 2026: pechado.

Prezo da pista de xeo Pontevedra

  • Entrada gratuíta presentando un ticket de compra do comercio local por persoa.

Para máis plans, consulta a información do Nadal en Pontevedra 2025 - 2026:

Pista de xeo Ourense 2025 - 2026

Pista de hielo Ourense

Imaxe: Ponte Vella Centro Comercial y Ocio

A pista de xeo Ourense 2025 - 2026 instálase cada ano no na terraza superior do Ponte Vella Centro Comercial y Ocio.

Gran pista de auténtico xeo que mide máis de 300 metros cadrados, con efectos de luz e música.

  • Localización: Terraza superior do Ponte Vella Centro Comercial y Ocio.
  • Apertura: 21 de novembro de 2025 - 25 de xaneiro de 2026.

Horario da pista de xeo Ourense

22 novembro - 19 de decembro 2025 e 8 - 25 de xaneiro 2026:

  • De luns a xoves: 17:00 - 21:00 h.
  • Venres: 17:00 - 22:00 h.
  • Sábados: 11:00 - 22:00 h.
  • Domingos e festivos: 11:00 - 21:00 h.

20 de decembro 2025 - 7 de xaneiro 2026:

  • Todos os días: 11:00 - 22:00 h.
  • 24, 25 e 31 de decembro 2025 e 1 de xaneiro 2026: horarios especiais.

Prezo da pista de xeo Ourense

  • Prezo 30 minutos: 7,5 €.
  • Prezo andadores 30 minutos: 2 €.

Consulta máis actividades do programa de Nadal Ourense 2025 - 2026:

Pista de xeo Lugo 2025 - 2026

Durante o Nadal 2024, non estivo prevista ningunha pista de xeo aberta ao público en Lugo. Estaremos atentos por se hai novidades este ano.

Pista de xeo Ferrol 2025 - 2026

Encantaríanos contar con pista de xeo no Nadal en Ferrol 2025 - 2026, pero non temos confirmación de que vaiamos ter ningunha.

Máis pistas de xeo en Galicia 2025 - 2026

Acabas de ver as pistas de xeo de Galicia 2025 - 2026 das principais cidades, pero hai máis localidades galegas nas que podes patinar este Nadal. Aquí tes algunhas delas:

  • Oleiros: a súa pista de xeo do Nadal estará aberta todos os días dende o venres 28 de novembro de 2025 en Perillo.
  • Vilagarcía: cunha gran pista de xeo montada no recinto feiral de Fexdega do 28 de novembro de 2025 ao 11 de xaneiro de 2026.
  • Vimianzo: esta localidade adoita contar cunha pista de xeo natural na praza do Concello.
  • Ribadeo: os veciños/as e visitantes de Ribadeo poden gozar dunha pista de xeo instalada na Avenida Rosalía de Castro.

Así que prepárate para vivir o Nadal en familia gozando das mellores pistas de xeo en Galicia 2025 - 2026.