En R somos uns modernos e non nos iamos quedar atrás. Este verán subímonos ao patinete eléctrico e ofrecémosche o Xiaomi Mi Electric Scooter 1S. E vímonos arriba incorporando tamén ao noso catálogo de móbiles reloxos intelixentes e televisores.
Móvete ‘a fume de carozo’ co Xiaomi Mi Electric Scooter 1S
Poderiamos contarche que alcanza unha velocidade máxima de 25 km/h, que tardas só 3 segundos en encartalo, que cunha soa carga pode percorrer ata 30 quilómetros, que ten 3 modos de velocidade (peonil, de paseo e fast and furious 😉), que é moi fácil de controlar e que é máis seguro polo seu sistema de dobre freo dianteiro e traseiro.
Pero case quedamos con que é ecolóxico, evita atascos, non tes que buscar aparcamento, é máis rápido que ir a pé, ocupa menos que unha bici en casa, é divertido e fachendoso.
A ter en conta: o clima en Galicia é o que é, e non che vale para as corredoiras; aí, mellor o chimpín 😉.
Adestra co Xiaomi Mi Watch
Reloxo deportivo intelixente, que tamén dá a hora 😉. Moi cómodo para saír a facer deporte, con ata 117 modos; pero ademais mide a frecuencia cardíaca, a velocidade e as calorías queimadas.
Móstrache notificacións e chamadas entrantes, permíteche elixir entre 100 deseños de pantalla, ata unha parecida ao Casio de toda a vida. E a súa batería de longa duración aguanta ata 16 días.
Goza da túa serie favorita co televisor LG UHD de 43”
Para ver os Xogos Olímpicos de Tokio a outro nivel este verán xa podes facerte con esta Smart TV en R.
Algúns datos para os/as entendidos/as:
- Procesador Quad Core 4K.
- Compatible cos principais asistentes de voz.
- Ultra Surround 2.0 ch.
- Modo director.
- Certificado por UL Cybersecurity.
- Gaming: HDR GiG (actualización), ALLM.
Vai quedar de luxo no salón.
E estas son as novidades do mes na nosa tenda, que xa non é só móbilR.
Veña, cóntanos ti, que aparello che gustaría que incorporásemos en R?