Quecheparece
Configura o contestador do teu teléfono fixo e móbil de R
Explicámosche como activar, acceder e configurar o contestador avanzado de R no teu teléfono fixo e no teu móbil, para que che deixen unha mensaxe.
Explicámosche como activar, acceder e configurar o contestador avanzado de R no teu teléfono fixo e no teu móbil, para que che deixen unha mensaxe.
"Queixeamos"? Do 14 ao 16 de marzo, Arzúa recibe a miles de visitantes desexosos/as de degustar o seu famoso queixo na Festa do Queixo de Arzúa 2025, unha das festas gastronómicas máis populares de Galicia, que este ano celebra a súa 50 edición. Contámosche máis sobre o programa, concertos, horario do recinto feiral… e, por suposto, sobre o gran protagonista: o queixo.
A primavera xa comeza a sentirse no ambiente e as ganas de novas series e películas crecen como crecen os días. E aí está a televisión que che ofrecemos en R cun amplo catálogo de novidades: SkyShowtime tira a casa pola ventá coa 2ª tempada de 1923 e a película de animación Transformers One. As series tamén che darán unha alegría, a Warner TV chegan os novos episodios de The Rookie - T7 e en Star Channel estréase Watson. En canto aos documentais, poderás ver o especial Ciencia y cerebro en Odisea, que será a canle aberta en marzo, e Mujeres espía en la II Guerra Mundial en Historia.
Xa tes o teu disfrace preparado? Pois date présa porque o Entroido na Coruña 2025 celébrase do venres 28 de febreiro ao mércores 5 de marzo. A festa do entroido empeza coa entronización do Deus Momo e a cidade non dorme ata o Enterro da Sardiña. Polo medio, o desfile de Entroido A Coruña 2025 do sábado, a noite de charangas do luns, o martes de choqueiros na Torre e moitas risas. Para que non te perdas nada, contámosche aquí todo o programa do Entroido na Coruña 2025.
Cada primeira fin de semana de marzo, celébrase a Festa da Arribada de Baiona. Unha cita coa historia onde lembran a chegada da carabela Pinta coa noticia do Descubrimento de América. Consulta o programa da Arribada de Baiona 2025, do 28 de febreiro ao 2 de marzo.
Grazas a SkyShowtime poderás desfrutar de Gru 4. Mi villano favorito en cines. Participa neste concurso.
Di o refrán que "os nenos veñen cun pan debaixo do brazo". No caso de Galicia, veñen cunha Tarxeta Benvida coa que os novos pais e as novas nais poden afrontar os primeiros gastos dos que acaban de chegar. Contámosche como se solicita a Tarxeta Benvida 2025, como consultar o seu saldo e onde podes utilizala.
Deixar o coche e percorrer Galicia en ferrocarril a través de rutas temáticas. É a proposta dos Trens Turísticos de Galicia 2025. Entérate aquí das rutas, do prezo dos trens, de como comprar os billetes e o calendario para saber cando se fan os percorridos este ano.
O Entroido de Verín 2025 dura varias semanas e xunto cos entroidos de Laza e Xinzo de Limia forman un peculiar triángulo de Entroido en Galicia, considerado por moitos o mellor.