Blog Mundo R - Página 14

Quecheparece

Hórreos en Galicia: orixe, tipos e vila que máis ten

Todos sabemos como son e seguro que temos algún preto. Os hórreos en Galicia son unhas edificacións que hoxe en día son máis de decoración que de uso, pero antigamente eran unha necesidade para os labregos e un símbolo de prosperidade. Contámosche cal é a súa orixe, para que serven, as diferentes variantes, as localidades de Galicia con máis hórreos e cales son os máis grandes da nosa Comunidade.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en marzo 2025

A primavera xa comeza a sentirse no ambiente e as ganas de novas series e películas crecen como crecen os días. E aí está a televisión que che ofrecemos en R cun amplo catálogo de novidades: SkyShowtime tira a casa pola ventá coa 2ª tempada de 1923 e a película de animación Transformers One. As series tamén che darán unha alegría, a Warner TV chegan os novos episodios de The Rookie - T7 e en Star Channel estréase Watson. En canto aos documentais, poderás ver o especial Ciencia y cerebro en Odisea, que será a canle aberta en marzo, e Mujeres espía en la II Guerra Mundial en Historia.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en febreiro 2025

Febreiro é o mes máis curto do ano, pero as novidades na televisión que che ofrecemos en R non baixan o nivel de estreas. As mellores series, as mellores películas, deportes e documentais para todos os gustos: a serie Dexter Pecado Original e a película familiar Gru 4: mi villano favorito destacan en SkyShowtime e a acción vén da man de Parish, en AMC.

Quecheparece

Rutas polas Fragas do Eume: natureza, lecer e beleza

Galicia é un paraíso natural incomparable, con todo tipo de paisaxes e sendeiros preparados para a súa visita. As Fragas do Eume é un deses pequenos lugares agochados na provincia da Coruña. 9.000 hectáreas de bosque atlántico, un dos mellor conservados de toda Europa. E para visitalo nada mellor que seguir as súas oito rutas nas que reencontrarse coa natureza.

Quecheparece

Miradoiros do Sil: consulta a lista completa e como chegar

Se tentamos describir o Canón do Sil con palabras quedariamos curtos. O mellor é que o vexas cos teus propios ollos desde os case 50 miradoiros do Sil, que seguen o curso do río na Ribeira Sacra. Consulta aquí a lista completa de miradoiros do Sil e como chegar aos mellores balcóns da parte de Ourense e da de Lugo, que divide o río. Tamén che contamos como percorrer os miradoiros do Sil en coche.