Blog Mundo R - Página 13

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en febreiro 2025

Febreiro é o mes máis curto do ano, pero as novidades na televisión que che ofrecemos en R non baixan o nivel de estreas. As mellores series, as mellores películas, deportes e documentais para todos os gustos: a serie Dexter Pecado Original e a película familiar Gru 4: mi villano favorito destacan en SkyShowtime e a acción vén da man de Parish, en AMC.

Quecheparece

Rutas polas Fragas do Eume: natureza, lecer e beleza

Galicia é un paraíso natural incomparable, con todo tipo de paisaxes e sendeiros preparados para a súa visita. As Fragas do Eume é un deses pequenos lugares agochados na provincia da Coruña. 9.000 hectáreas de bosque atlántico, un dos mellor conservados de toda Europa. E para visitalo nada mellor que seguir as súas oito rutas nas que reencontrarse coa natureza.

Quecheparece

Miradoiros do Sil: consulta a lista completa e como chegar

Se tentamos describir o Canón do Sil con palabras quedariamos curtos. O mellor é que o vexas cos teus propios ollos desde os case 50 miradoiros do Sil, que seguen o curso do río na Ribeira Sacra. Consulta aquí a lista completa de miradoiros do Sil e como chegar aos mellores balcóns da parte de Ourense e da de Lugo, que divide o río. Tamén che contamos como percorrer os miradoiros do Sil en coche.