Blog Mundo R - Página 12

Quecheparece

Semana Santa Ferrol 2024: procesións, horarios, programa…

A Semana Santa de Ferrol é unha das celebracións de carácter relixioso máis recoñecidas dentro e fóra de Galicia. Dende o Domingo de Ramos ao de Resurrección, transitan as procesións e os pasos de cinco confrarías. Contámosche todo o programa da Semana Santa Ferrol 2024, do 24 ao 31 de marzo, cando son as procesións da Semana Santa en Ferrol 2024 e a historia desta Festa de Interese Turístico Internacional, que conta con máis de 400 anos de tradición.

Quecheparece

Barco do mexillón: rutas, horarios e degustación

Cada recuncho de Galicia ten pequenas cousas por descubrir que amosan a nosa rica cultura. Cando os visitantes chegan á ría de Arousa descobren algo que lles chama a atención: as bateas. Estas estruturas, que dan vida ao mexillón, nunca pasan desapercibidas. Sabías que hai rutas do mexillón que amosan como funcionan? Hoxe mostrámosvos en que consisten, que ofrecen e como visitalas para que goces do barco do mexillón.

Quecheparece

Festa do Queixo de Arzúa 2024: programa, concertos…

"Queixeamos"? Do 1 ao 3 de marzo, Arzúa recibe a miles de visitantes desexosos/as de degustar o seu famoso queixo na Festa do Queixo de Arzúa 2024, unha das festas gastronómicas máis populares de Galicia. Contámosche máis sobre o programa, concertos, horario do recinto feiral… e, por suposto, sobre o gran protagonista: o queixo.

Quecheparece

Ascensor Halo Vigo: horario, prezo, accesos, iluminación…

Despois das luces de Nadal de Vigo chega a nova atracción turística da cidade olívica: o ascensor Halo Vigo. Cunha altura de 50 metros, o Halo de Vigo afórralle uns 2 quilómetros e unhas cantas costas aos vigueses. Pero ademais de facilitar a mobilidade, o Halo Vigo Vialia é un auténtico miradoiro cunhas vistas impresionantes da ría. Infórmate aquí do horario do Halo Vigo, do seu prezo, dos accesos, da iluminación e dos arquitectos que o deseñaron, entre outras curiosidades.

Quecheparece

Volven os monólogos R, o humor “do país”

E veña coa IA. Molaría ou non molaría escoitar aos nosos grandes cómicos falar sobre a IA? Claro que molaría, por iso reunimos a “Touri”, Fede Pérez e Marta Doviro sobre os escenarios dos monólogos R 2024 no espectáculo ‘Ignorancia Artificial, nunca tal se vira’. Contámosche onde e cando son os monólogos R 2024.