Blog Mundo R - Página 11

Xente R

Festas de Santiago Apóstolo 2024: programa, concertos e fogos

A capital de Galicia, afeita a recibir cos brazos abertos a todos os seus visitantes, recibe na segunda quincena de xullo un aluvión de turistas e de peregrinos debido a que Santiago de Compostela, e toda Galicia, conmemoran o día do Apóstolo, o 25 de xullo, festivo en Galicia.

Quecheparece

Festival de Ortigueira 2024: grupos, concertos e horarios

O mes de xullo en Galicia por excelencia é o mes dos festivais de música. Hainos de todo tipo, dende os que traen as estrelas máis populares do momento ata os máis especializados. Ese é o caso do Festival de Ortigueira, que despois de 38 anos é coñecido mundialmente. Como é habitual na segunda fin de semana de xullo, este ano do 11 ao 14 de xullo, Ortigueira encherase de música celta.

Xente R

Feira Medieval de Betanzos 2024: programa, horarios e datas

Son moitas as festas que en xullo enchen as vilas e as cidades de Galicia. Pero en Betanzos conmemoran unha feira con máis de seis séculos de historia. É a Feira Medieval de Betanzos 2024, do 11 ao 14 de xullo. Durante catro días, a vila coruñesa engalánase con postos e actuacións artísticas que fan viaxar a veciñanza e os visitantes máis de 600 anos atrás. Consulta aquí o programa da Feira Medieval de Betanzos 2024 para saber os horarios, datas e actividades.

Quecheparece

Os mellores bambáns de Galicia

Galicia está chea de recunchos con vistas marabillosas e espectaculares e nos últimos anos os miradoiros evolucionaron para atraer máis visitantes. Primeiro foron os bancos e agora os bambáns. Hoxe seleccionamos os mellores bambáns de Galicia coas mellores panorámicas do noso territorio.

Quecheparece

Os mellores chiringuitos de praia en Galicia

Entre os lugares máis cotizados e buscados de cada verán figuran, nun lugar ben destacado, os chiringuitos. Eses locais a pé de praia que ofrecen unha mestura imbatible de música, gastronomía e mar, nos que as horas se pasan voando e dos que te resistes a irte. Aquí tes a nosa pequena selección de chiringuitos de praia en Galicia.

Quecheparece

Festas de Boiro 2024: programa, concertos e datas

As festas de verán ou patronais enchen nos meses de verán todas as vilas e cidades galegas. Boiro, en pleno corazón do Barbanza, non ía ser menos. As festas de Boiro 2024 encherán a vila mariñeira de música e diversión para todos os públicos do 5 ao 10 de xullo de 2024.