A espera rematou! En R celebramos o lanzamento do novo iPhone 17 Air e, para que poidas tirarlle o máximo partido, puxemos en marcha a tecnoloxía eSIM. Con esta tecnoloxía, activar a túa liña móbil será moito máis doado e, ademais, ábrese un mundo de posibilidades para conectar todos os teus dispositivos: smartwatch, tableta, televisor e mesmo o teu coche (IoT – Internet das Cousas).
Que é o eSIM de R?
O eSIM (embedded SIM) é a evolución natural do cartón SIM tradicional. Xa non terás que inserir nin cambiar plásticos: vén integrado no teu dispositivo e actívase dixitalmente.
Isto significa máis comodidade, seguridade e flexibilidade. E o mellor, poderás conectalo a un ecosistema de dispositivos: reloxos intelixentes, tabletas, portátiles, coches, sistemas de seguridade, electrodomésticos e moito máis.
Como funciona o eSIM en R?
- Actívase de forma remota, sen necesidade de cartóns físicos.
- Vai integrado directamente no teu móbil, tableta ou smartwatch.
Pasos para cambiar o teu SIM por eSIM en R
- Diríxete á túa tenda R máis próxima.
- Enviarémosche un correo cun código QR e os datos do teu novo cartón (PIN e PUK).
- Escanea o QR no teu dispositivo e listo!
Activación do eSIM
Cando recibas o QR no teu correo, sigue estes pasos:
- Conecta o dispositivo a unha rede wifi.
- Accede aos axustes:
- iPhone: Axustes > Datos móbiles > “Engadir plan de datos móbiles” ou “Agregar eSIM”.
- Android: Axustes > Conexións > Administrador de SIM > Engadir eSIM.
- Escanea o código QR (lembra abrilo noutro dispositivo ou computador).
- A activación completarase nuns 10 minutos.
Prezo do eSIM en R
O eSIM é gratis. Tanto se cambias o teu SIM actual coma se o contratas por primeira vez, non terás custo ningún.
O que debes ter en conta
- Non importa o formato do teu SIM físico, podes cambialo por eSIM sen problema.
- O QR é dun só uso: unha vez activado, o teu SIM físico deixa de funcionar.
- Non se pode transferir entre móbiles. Se cambias de terminal ou borras o eSIM, terás que pedir un duplicado.
- O QR enviarase unicamente ao correo de contacto que teñas rexistrado en R.
- É compatible con calquera dispositivo con eSIM, agás iWatch. Se tes calquera dúbida, podes consultarnos.
- A substitución sempre se fai nunha tenda R.
eSIM e os teus dispositivos conectados
O eSIM en R non é só comodidade no teu móbil, tamén dá pulo ao crecemento do IoT no teu fogar e na túa vida diaria:
- Smartwatches: conexión independente para adestrar, coidar a túa saúde ou gozar do teu tempo libre.
- Coches conectados: navegación, actualizacións e servizos intelixentes sempre en liña.
- Domótica e fogar dixital: cámaras, asistentes de voz, sensores e electrodomésticos conectados sen depender do wifi.
- Uso profesional: tabletas, TPV e equipos industriais con conexión estable e segura en todo momento.
A chegada do eSIM a R marca un novo paso cara a un mundo dixital máis conectado, seguro e sen límites.
Se queres máis información ou activar o teu, visítanos na túa tenda R ou chámanos e axudarémosche en todo o proceso.