Ola a todos. Hoxe queremos falarvos do lanzamento dun novo servizo que ten un nome moi orixinal e que de seguro que nunca oístes: nube R :D Certamente o nome non sorprende, pero si deixa ben ás claras de que se trata. De feito, o chiste fácil diría que en Galicia deberíamos saber máis de nubes que en California… e esa é a idea, que teñades acceso a un almacenamento máis seguro ou polo menos máis controlado.

Ademais parece práctico, xa que a maioría de nós levamos boa parte da nosa vida no móbil. E sempre temos ese medo de perdelo e, con el, as nosas fotos, contactos ou documentos importantes.

Así que nube R móbil nace coa idea de que poidades gardar unha copia dos datos máis importantes do voso terminal.

A solución para nube R móbil ten app para Android, iOS e Blackberry e ofrece o seguinte:

  • copia de seguridade automática de todas as fotos e contactos (da tarxeta SIM, da memoria do terminal e das contas asociadas). En iOS, iso si, hai que marcar as fotos que queres gardar, xa que non se fai de xeito automático.
  • 25 GB de capacidade para almacenar e acceder á túa información dende o móbil e dende a web.
  • se borras as túas fotos no móbil, non se borran de nube R. Iso é o bo, que tes a copia sempre dispoñible, non se perden.

O servizo ten un custo de 1€/mes e pódelo contratar dende a web.

Agardamos que vos pareza interesante este servizo. E con calquera dúbida, esperamos que nos preguntedes ;)

Un saúdo!