O nome galego de home Iago é un dos máis populares en Galicia.
Trátase dun nome con diferentes variantes, pero gusta moito porque é un nome curto e, á vez, moi sonoro.
De feito, hai máis de 5.300 homes co nome de Iago na nosa terra, o que demostra a súa aceptación.
Se queres coñecer máis sobre todo o relacionado co nome de Iago, sigue a ler.
Orixe do nome de Iago
A procedencia do nome de Iago localízase na lingua hebrea, concretamente na palabra Iacobus. Posteriormente, esa palabra traduciuse ao latín creando o nome de Jacobus.
A versión latina desta palabra fixo que pervivise e que chegase ata a forma de Iago. Hai que ter en conta que o latín se estendeu como a lingua oficial do imperio romano e logo pasou a ser o idioma das misas católicas. Tanto o imperio romano, como a relixión católica deixaron a súa pegada en Galicia e ese aspecto faise notar en moitos dos nosos nomes, como sucede no caso de Iago.
Significado do nome de Iago
O significado do nome de Iago establécese pola influencia da relixión católica. Isto débese a que o nome de Jacobus é asignado a dous apóstolos, Santiago o Maior e Santiago o Menor. De feito, o nome sería un derivado de Sant - Iago.
Esta significación provocou que o nome de Iago adquira un sentido relixioso que conecta coa tradición galega debido á importancia que ten ese apóstolo na nosa terra. Ademais, a propia cidade de Santiago é o destino final do Camiño de Santiago.
Doutra banda, aparece o nome de Icobus que serve para denominar ao patriarca Jacob. Ademais, a este nominativo tamén se lle outorga o significado de “o que sostén o talón”.
Homes co nome de Iago
Iago é un nome en galego que se comezou a popularizar entre os nenos desde non hai moitas décadas. Por esa razón, a maior parte dos Iagos que son coñecidos na actualidade son persoas moi novas.
Estes son algúns dos homes co nome de Iago que destacan:
- Iago Aspas: coñecido futbolista do Celta de Vigo, que pasou por clubs como o Liverpool ou o Sevilla.
- Iago Herrerín: porteiro de fútbol.
- Iago García: actor.
- Iago López: deportista de vela, medalla de prata no Campionato Mundial de 49er.
Como curiosidade, Iago tamén era un personaxes da obra de Shakespeare Otelo, o mouro de Venecia e tamén é o papagaio vermello de Aladdin.
Como se escribe o nome de Iago noutros idiomas?
O nome de Iago ten variantes en diferentes idiomas. De feito, en castelán o seu equivalente sería Yago.
No que respecta ao inglés, o nome de Iago ten dúas traducións, unha delas é Jacob e a outra Jakob. Tamén se pode ver este nome no francés baixo a forma de Jacques.
Idioma | Tradución |
---|---|
Español | Yago |
Portugués | Tiago |
Francés | Jacques |
Galés | Iago Jacob Jac Jago |
Inglés | Jacob |
Persa | Yaghub |
Romanés | Iacob Iacov |