Na nosa terra podemos atopar nomes sobre os que se pode falar e escribir moito. Iso débese a que tras a orixe e o significado deses nomes aparecen diferentes influencias culturais. Todo iso recae sobre o nome de neno en galego Alén, un nominativo que se ve con certa frecuencia na nosa terra.
Orixe do nome de Alén
O nome de Alén ten a súa orixe na toponimia. Podemos atopar diferentes lugares chamados Alén nestes concellos galegos:
- Ourense
- Montederramo
- Covelo
- Carballedo
- A Cañiza
- Rodeiro
- Lalín
- Oroso
- Beariz
- O Irixo
- Paderne de Allariz
- Padrenda
- Piñor
- Pazos de Borbén
- Fornelos de Montes
- O Pereigo de Aguiar
A partir de aí, este nome empezou a ter difusión como apelido e agora tamén como nome de home, xa que hai preto de 200 persoas en Galicia que se chaman así.
Significado do nome de Alén
O nome de Alén está relacionado directamente co adverbio alén, tan coñecido en galego, que significa “máis aló de”, “da parte de alá de”, “ao outro lado de” ou “máis lonxe”.
Como substantivo significa “o máis aló” ou ben “o mundo despois da morte”.
Onomástica do nome de Alén
Alén é un deses nominativos que procede directamente da nosa cultura, co que non ten nada que ver co cristianismo. Como consecuencia, non hai un día específico no santoral dedicado a conmemorar a unha figura que teña este nome. Por esa razón, o seu santo sería do 1 de novembro, Día de Todos os Santos.
Homes co nome de Alén
Alén é un nome que se puxo de moda de forma recente, co que a maioría dos que o levan son moi novos. En todo caso, tal e como indicamos máis arriba, está moi estendido como apelido en Galicia. Vexamos algúns exemplos.
- Luciano García Alén: médico, investigador etnográfico e profesor universitario.
- Alfredo García Alén: historiador e mestre.
- Daniel González Alén: escritor e investigador.
- Josama Alén Ponche: xogador de hóckey.
Como se escribe o nome de Alén noutros idiomas
O nome de Alen caracterízase por ser un nome propiamente galego, sen variacións noutras linguas. Non podemos confundir Alén con Alen ou Alán. A súa orixe é moi diferente e non teñen nada que ver nin significan o mesmo.
É dicir, Alén é un nome que non ten variantes nin noutros países nin idiomas.