A tradición relixiosa ha dado lugar a todo tipo de costumes e tradicións. Moitas delas son moi interesantes e tamén se poden ver reflectidas en nominativos como o nome galego de nena Mara. Ademais, este nominativo está entre ese grupo de nomes propios do noso territorio e que alcanzaron uns niveis de popularidade que traspasaron os límites da nosa rexión.
Orixe do nome de Mara
Mara está entre eses nomes que proceden do hebreo. Esta cultura deu lugar a moitas referencias culturais e relixiosas que se manteñen hoxe en día e nomes como o de Mara son un reflexo diso. A orixe deste nominativo sitúase na palabra Marah.
Tamén destaca o feito de que o primeiro documento escrito no que aparece este nome é a Biblia. Concretamente, na figura de Noemí, que é unha muller que ao perder á súa familia pide ser chamada Mara.
Nestes momentos contabilízanse máis de 1.200 mulleres que teñen o nome de Mara en Galicia. A maioría delas repártense entre Pontevedra e A Coruña. Tamén destaca o feito de que a súa media de idade é de 14 anos. Un dato que indica que este nome continúa moi vivo e que é un nome que gusta moito ás nais e pais.
Significado do nome de Mara
Ao nome de Mara asócianselle dous significados e ambos están relacionados co seu pasado hebreo. Un deles é muller aflixida. Esta significación é a que menos chamou a atención, pero o outro é muller romántica. Esta segunda connotación é a que axudou a popularizar este nome.
Outro feito que non pasa desapercibido é que ás mulleres que teñen o nome de Mara asócianselles trazos como a calma, a sensibilidade, o perfeccionismo e a procura de satisfacción persoal. Estes aspectos contribuíron a asentar este nome en moitos territorios.
Onomástica do nome de Mara
A data asignada no santoral para conmemorar o nome de Mara é o día 3 de agosto. Ademais, estamos ante un nome que ten unha relación moi estreita coa relixión católica. Mesmo hai unha pasaxe da Biblia no que aparece unha fonte de auga amarga que ten o nome de Mara.
Mulleres co nome de Mara
Mara é un nominativo popular en moitos lugares e iso fai que sexa sinxelo atopar a mulleres de recoñecido prestixio que se chaman así. Moitas delas sobresaen en disciplinas artísticas.
- Mara Torres: xornalista
- Mara Wilson: actriz
- Mara López: actriz
- Rooney Mara: actriz
- Mara Jiménez: actriz
- Mara Santos: piragüista
- Mara Lipsius: escritora
Como se escribe o nome de Mara noutros idiomas
Mara é un nome que mantén a súa forma e a súa pronuncia en moitas das linguas nas que aparece. Pero tamén experimenta variacións en idiomas que son mundialmente coñecidos.