Que vos parecen as novas camisetas dos instaladores de R? Son chulas, non si? E cremos que identifican con acerto o que son en gran medida estes profesionais que van ás vosas casas para deixar listos os vosos servizos de telecomunicacións. Aí están para “instalar e axudar”, mesmo “apañando wifis dende 1999”, como din as lendas das camisetas. Xente currante, boa xente, frikis no sentido máis agarimoso e positivo da palabra (supermegaespecializados no seu)... Vamos, que se eles nos fallan, en R temos problemas de verdade.

Errexencias.jpg2

Así os contemplaron, polo menos, outros profesionais da creatividade e do humor: o equipo de Nikis Galicia Style, que levan dúas décadas traballando nisto de plasmar na roupa e noutros obxectos cotiás a identidade galega, as iconas máis actuais e mesmo a imaxinaría popular da que tan orgullosos se senten. Bos ilustradores, do Grove, por certo, e deseños orixinais, verdade? Se queredes saber algo máis deles podedes visitar www.nikisgalicia.com. Xente R.