Ola. Como sabes, a finais do ano pasado anunciámosche que teriamos Netflix durante o 2018.

Dende aquela fostes moitos os interesados en poder desfrutar deste servizo directamente dende o noso deco 4K. E, por fin, ese día chegou.

Estamos máis que compracidos de anunciarche que xa tes dispoñible Netflix na túa televisión R se tes un deco 4K.

Como acceder

Como seguramente xa comprobaches, o acceso é moi sinxelo, xa que na pantalla principal habilitouse un acceso directo para entrar a Netflix. Só tes que pulsalo e xa estás dentro.

Así de rápido e de sinxelo 😊

Netflix na televisión de R

Ver os contidos

Se xa tes unha conta creada en Netflix, só tes que poñer o teu usuario e contrasinal para desfrutar dos contidos da plataforma.

No caso de que non a teñas contratada, Netflix dáche un mes gratis de servizo para que o probes. A partir de aí, podes darte de baixa sen compromiso, no caso de que non che convenza. Ou contratar unha das tres opcións dispoñibles a día de hoxe:

  • Plan básico: 7,99€/mes. Podes acceder aos contidos en calidade SD dende a televisión R, a túa tablet, móbil, ordenador… Só tes un acceso simultáneo.
  • Plan estándar: 10,99€/mes. Podes acceder aos contidos en calidade HD dende a televisión R, a túa tablet, móbil, ordenador… Tes dous accesos simultáneos.
  • Plan premium: 13,99€/mes. Podes acceder aos contidos en calidade HD e 4K dende a televisión R, a túa tablet, móbil, ordenador… Tes catro accesos simultáneos.

O pago faise directamente a Netflix. Pero estamos traballando para ofrecer máis adiante a posibilidade de que o pagues na factura de R se che resulta máis cómodo.

narcos netflix

Películas, series e documentais

Unha vez que accedes a Netflix, tes acceso ilimitado a todo o seu catálogo de series, películas e documentais. Non te vas aburrir.

Como sabes, contan con series máis que coñecidas, como Stranger Things, Narcos, The Crown, Black Mirror... Producións propias en español como Paquita Salas ou Las chicas del cable. E tamén podes ver series doutras plataformas que están a arrasar a nivel internacional, como La casa de papel, a serie non inglesa máis vista na historia da plataforma.

Soporte

Para calquera cousa relacionada co servizo de Netflix, podes falar directamente con eles no teléfono 900 866 616. Está dispoñible de 10.00 a 22.00h.

E tamén contan cun chat para calquera consulta sobre series, o método de pago, restablecer o contrasinal.

Tes toda a información en https://help.netflix.com/es-es

Agardamos que desfrutes moito de Netflix. Sabemos que era un servizo que nos demandabas e agora está en R 

Un saúdo!