Viquingos, estafas, historias moi persoais, máis romance e mesmo viaxes no tempo. Non perdas as novidades máis destacadas de Netflix en marzo.
'Vikingos Valhalla'
Coñeces 'Vikingos Valhalla'? Ambientada a principios do século XI, narra as heroicas aventuras de grandes viquingos da historia como o lendario explorador Leif Eriksson, a súa apaixonada e resolta irmá Freydis Eriksdotter e o ambicioso príncipe nórdico Harald Sigurdsson. Descubre xa en Netflix como triunfaron os viquingos que se converteron en lenda.
'¿Quién es Anna?'
Empresaria audaz ou estafadora? Unha xornalista investiga como convenceu Anna Delvey á elite neoiorquina de que era unha herdeira alemá. A película '¿Quién es Anna?', baseada nunha historia real e totalmente verídica… menos as partes que son totalmente inventadas, está dispoñible en Netflix.
'Madres paralelas'
Xa está dispoñible en Netflix a última e recoñecida película de Pedro Almodóvar. As protagonistas son dúas nais solteiras que se coñecen nunha habitación de hospital e dan a luz o mesmo día. O vínculo que forxan transformará as súas vidas.
'Los Bridgerton' T2
Inspirada nas exitosas novelas, esta serie narra as vidas de oito irmáns moi unidos, membros da poderosa familia Bridgerton, que tratan de atopar o amor. Non perdas a nova entrega do fenómeno internacional 'Los Bridgerton' a partir do venres 25 de marzo en Netflix.
'El proyecto Adam'
Imaxinas que o teu futuro viaxase ao teu pasado? Tras estrelarse por accidente no 2022, Adam Reed, un piloto de caza viaxeiro do tempo, alíase co seu 'eu' de 12 anos nunha misión para salvar o futuro. Ryan Reynolds, Zoe Saldaña, Mark Ruffalo e Jennifer Garner protagonizan esta aventura de ciencia ficción dirixida por Shawn Levy que se estrea o venres 11 de marzo en Netflix.
Senta, colle o mando e goza dos mellores contidos con Netflix. Lembra que podes acceder directamente no teu deco 4K.