Hai uns días démosvos unha pista e algúns o adiviñastes. Volven os monólogos R! Este ano contaremos con Xosé Antonio Touriñán, que lles vai presentar en exclusiva aos clientes de R o seu novo monólogo “Aquí estou”. Asegurámosvos que vos ides a partir de risa.
Touri é un clásico dos monólogos R, nos que nos acompañou en máis dunha ocasión. Coñecémolo xunto a Marcos Pereiro como a metade do dúo cómico “As Cantareiras de Ardebullo” e dende aquel momento non parou de traballar en televisión, teatro e cine.
Agora atópase inmerso na xira de presentación da versión teatral de “Fariña”, tras o éxito rotundo da serie, na que interpreta ao fillo de Manuel Charlín. Pero sempre nos fai un oco na súa axenda .
Datas
Tes ganas de ver o monólogo de Touriñán? Anota na túa axenda a seguinte parada da xira:
- Vigo, venres 6 de marzo, ás 21:00 h (Auditorio Mar de Vigo)
E non nos perdas de vista porque de contado anunciaremos novas cidades.
Como conseguir entradas
Se queres asistir, moi atento ás nosas redes sociais (Instagram, Twitter e Facebook). Participa no concurso do 28 de febreiro ao 2 de marzo para conseguir a túa entrada, só tes que responder á pregunta “Cal foi o momento máis gracioso da túa vida?”.
Gañadores
Velaquí os afortunados que desfrutarán de monólogos R en Vigo:
- Francisco
- Lourdes Álvarez
- Beatriz Pérez
- Carolina Mastache
- Noe Sanz
- Ana García
- Jose Luis Torres
- O_escondrixo
- Ángel Lores
- María Bolaño
- Lorena PV
- Bea Cp
- Pablo Carballal
- Rubén Huertas
- Daniel Ledo
- Víctor Piñeiro
- Santiago Macia
- María Rivas
- Santiago Basadre
- Rosa Castro
- Inés Martínez
- María José Deibe
- María Magdalena
- Belén Sánchez
- Maria Martínez
- Begoña Álvarez
- Jaime José Castro
- Julio García
- Jose Luis Eleuterio
- Eva Lago
- Laura Rodríguez
- Laura Gallego
- Rocío Darriba
- Alba Pérez
- Marta Fernández
- Daniel Martiñán
- Min yee
- Luis Salvador
- Diego R
- Jorge Rawlings
- Teresa Pérez
- Sergio Blanco
- Toño
- Luis Palacios
- Isabel Fernández
- Carlota Marcuño
- Sonia Lamela
- Susana Iglesias
- Balbina Pema
- Veronica Lago