Este mes vén cargadiño de momentazos. Empeza a primavera, cambia a hora e os días van ser máis longos, reuniraste cos teus para celebrar o Día do Pai, coas amigas para reivindicar o Día Internacional da Muller e, se che quedan forzas, quedarás coa cuadrilla para tomar unhas cañas por San Patricio. Como ves, vas sacar moitos “fotóns” estes días e en R preparamos unha chea de novidades para que estrees o mellor móbil. E a ti, que é o que máis che gusta do inicio da primavera?
Samsung Galaxy S20 e S20+ con Galaxy Buds+ de agasallo
A partir do 16 de marzo podes facerte na nosa web e tendas R cos novos buques insignia de Samsung: o Galaxy S20 e Galaxy S20+ 5G. Se non queres esperar, xa podes facer a túa reserva para non quedar sen eles. Ademais, se reservas antes do 8 de marzo o Galaxy S20+ 5G vas levar de regalazo os novos Galaxy Buds+: os primeiros auriculares sen fíos de Samsung con altofalantes de 2 vías que ofrecen son AKG, sistema adaptativo de 3 micrófonos para chamadas claras e unha batería de longa duración.
Novidades para ti
O mes pasado incorporamos os móbiles OPPO e en marzo seguimos con estreas para que teñas a mellor oferta en teléfonos móbiles. Moi atento en marzo, porque poderás levar en R:
- Samsung Galaxy A71: pantalla de 6,7 polgadas Infinity-O, cuádrupla cámara traseira de 64 MPX e selfie de 32 MPX, 128GB de almacenamento e 6GB de RAM.
- Samsung Galaxy Note 10 Lite: pantalla de cine de 6,70 polgadas, S-pen para escribir e debuxar, tripla cámara de 12 MPX, 128GB para gardar as túas fotos e batería de 4500 mAh.
- Xiaomi Mi Note 10: o primeiro smartphone con 108 MPX e 5 cámaras, pantalla AMOLED curva 3D de 6,47 polgadas e super batería de gran capacidade de 5260 mAh.
Papaíño merece un regalo
Se non sabes que lle regalar ao teu papaíño o 19 de marzo, dámosche unha idea infalible para triunfar o Día do Pai.
OPPO A5 2020: pantalla de 6,5 polgadas, catro cámaras traseiras de 12+8+2+2 MPX e batería de 5.000 mAh para que fales co teu papaíño horas e horas sen ter que cargar o móbil.
A alta gama ao teu alcance
Para facerche máis fácil a compra dos móbiles máis TOP, podes fraccionar o pago en R e levar estes dous ‘cogombros’ a moi bo prezo:
- Samsung Galaxy A30s: pantalla de 6,4 polgadas, tripla cámara traseira de 25+8+5 MPX e frontal de 16 MPX, 64GB de almacenamento e gran batería de 4000 mAh.
- Samsung Galaxy A51: pantalla de 6,5 polgadas Super AMOLED, cámara cuádrupla de 48 MPX e sensor de pegada dactilar.
Por variedade que non sexa, agora tócache elixir a ti. Que móbil che gusta máis? Se tes dúbidas, estaremos encantados de asesorarte.