Se es usuario habitual de mensaxería R de seguro xa viches os cambios e melloras que estamos a desenvolver no noso servizo de webmail. A idea é que a finais deste mes (ou sexa, nuns días) todos os nosos clientes teñan xa o servizo actualizado e preparadiño con estes últimos avances.

O primeiro que verás cando entres en mensaxería R será unha web coa cara renovada. Mudamos un pouco a interface con certos cambios no deseño. A ver que che parecen. Intentamos facelo máis actual e máis sinxelo. Xa nos dirás.

Pero o máis importante é que arestora, ademais das funcionalidades clásicas, de sempre da mensaxería R (calendario, caderno de enderezos, configuración e acceso a contas externas para consultar mensaxes doutros caixas de correo...), ademais de todo iso, dicimos, arestora dispós de 10 Gb de capacidade nas túas contas de correo; ou sexa, 10 veces máis do que tiñas ata a data. E da mesma maneira, ampliamos a 2 Gb no caso do envío de tochomails, é dicir, o dobre de capacidade para que poidas mandar verdadeiros tochos de datos a quen queiras. E unha novidade adicional, os adxuntos que vas enviando agrúpanse agora nunha carpeta específica na botoneira superior para que poidas localizalos e recuperalos doadamente.

Outra das cousas nas que estivemos a traballar é a versión para o móbil. Igualmente aí, nova imaxe. Se entras en mensaxería R dende o teu terminal verás que a interface está tamén actualizada e pensamos que resulta máis accesible e doada de usar.

Todo isto cun servizo mellorado que minimiza o impacto do spam, dos virus e da publicidade non desexada.

E un apunte máis: seica xa sabes que podes personalizar o teu correo co dominio @galicia.com e mesmo conseguir un dominio.gal. Na web de clientes de R ou a través da app de R (Android e IOS) podes xestionalo ti mesmo. Verás que sinxelo é.

caixacorreo

Neste videotitorial falámosche destas novidades de mensaxería R (con música;-) Para que completes a info.