Se viaxas ao estranxeiro, non esquezas descargar no teu móbil a app Google Translate. Saca unha foto coa túa cámara ao texto que non entendas e a aplicación tradúcea ao instante. Útil, non? E ademais sen necesidade de conexión a internet. Sacarache de máis dun apuro se non queres acabar comendo aleta de quenlla cando querías un filete de carne . Pero non é a súa única vantaxe, nin moito menos. Contámosche todo o que podes facer con ela.
Usamos a diario o tradutor de Google no computador, axúdanos con eses correos que se atascan noutro idioma. Pero seguro que algúns descoñeciades que existe a aplicación Google Translate para móbil (Android e iOS). Converterase nun básico nas túas vacacións, porque funciona sen necesidade de internet nin datos. Cando a descargas, só tes que marcar o check “traducir sen conexión”, así de fácil.
Ademais de escribir ou debuxar a palabra ou frase que queres que traduza, a app inclúe a función Word Lens que traduce dende a cámara. Fai clic na cámara enfocando ao texto que queres traducir e ao instante terás a tradución no idioma que desexes.
Así nos explica Google como funciona a ritmo da Bamba :
A aplicación fará que parezas un nativo cando pidas un "relaxing café con leite" , grazas ao modo conversación en tempo real. Grava co micro e escoita como se di noutro idioma. Só tes que pulsar a icona do micrófono na pantalla para acceder ao modo de tradución de voz. Tocando de novo a icona do micrófono, a app recoñecerá automaticamente os dous idiomas que se están utilizando para permitirche ter unha conversación máis fluída.
Google Translate nas túas apps AndroidGoogle acaba de lanzar unha actualización (5.0) da aplicación para que poidas acceder dende as túas apps de Android ao tradutor sen ter que saír delas. Así non terás que copiar e pegar un texto desde Google Translate, senón que poderás traducir un texto directamente dende o Whatsapp, por exemplo. Asegurámosvos que nós o probamos e é moi práctica. Ademais, funciona tamén sen conexión a internet.
Nada máis descargar a app xa che indica se queres instalar esta función “Tocar para traducir”. Dille si, quero . E se xa tiñas instalada a aplicación, actualiza a versión e configura a instalación en axustes.
Máis apps de traduciónGoogle Translate parécenos moi completa, pero hai máis apps que che axudarán cos idiomas nas túas vacacións. Aquí van algunhas:
Sayonara, baby!