menú
Apps para hacer gifs y memes

Apps para facer gifs e memes

23/10/2017
Blog R

Se Dora Exploradora, Julio Iglesias ou os gatiños xa che cansaron, descarga estas apps para facer gifs e memes. Non imos dicir que son a revolución do século, pero xa non entendemos a vida e a nosa comunicación sen botar man dos gifs ou memes. E é que unha imaxe vale máis que mil palabras, e se as leva, que sexan poucas . Hai cousas que xa non podemos expresar con palabras, senón con memes ou gifs, así que desata o teu enxeño facendo os teus propios. Queres ser o rei das redes e sábelo .

Gifs

  • GIPHY Cam

    Da factoría GIPHY, a máis popular na internet, sae esta app que che permite inmortalizar momentos coma se fosen gifs. É moi fácil de usar, pulsa o botón de gravar, engade filtros e efectos e comparte nas túas redes sociais ou envía aos teus amigos.
    Dispoñible para Android e iOS
    Apps para hacer GIFs y memes

  • GIF Maker

    Crea divertidos gifs a partir de vídeos ou varias imaxes. Só tes que seleccionar un vídeo da galería ou múltiples fotos, de aí xeraranse varios fotogramas para facer o teu gif.
    Dispoñible para Android
    Apps para hacer GIFs y memes Gifmaker

  • Gif Me! Camera – GIF maker

    Converte esa caída desternillante nun Gif. Gif Me! captura ata 14 segundos e permite aplicar filtros de cor en tempo real.
    Dispoñible para Android e iOS

  • GIPHY Capture. The GIF Maker

    App para crear gifs dende o teu Mac. É moi fácil: pulsa para empezar e terminar ata un máximo de 30 segundos. Edita o teu Gif para elixir o tipo de bucle ou os textos animados. Súbeo á plataforma GIPHY e compárteo cos teus amigos en redes sociais.
    Dispoñible para iOS

  • Gifx

    Aplicación para iOS moi artística, se o que queres é facer pequenas obras de arte animadas. Con Gifx podes engadir efectos gifs ás túas fotos ou vídeos, poñerlles música ou máscaras para personalizalos. Os resultados son moi moi chulos.
    Dispoñible para iOS

  • DU GIF Maker: GIF Maker, video a GIF

    Sinxelo creador e editor de gifs. Permite converter vídeos e imaxes a gif, gravar unha pantalla como gif, cambiar a velocidade e resolución, agregar texto e etiquetas.
    Dispoñible para Android

  • Video & GIF Memes

    Outra opción máis para engadir á lista. Poderás utilizar imaxes, gif e vídeos para crear o teu gif, así como recortalos para usar só a parte que che interesa.
    Dispoñible para Android

  • GIPHY. All the GIFS

    E se o que queres é publicar gifs xa feitos, podes atopar unha chea en GIPHY, o maior catálogo de gifs na rede.
    Dispoñible para Android e iOS

Memes

  • Meme Generator Free

    Deseña os teus propios memes ou utiliza os máis de 700 exemplos que atoparás na app. Engade stickers, move o texto, combina varios memes nun só, e moito máis.
    Dispoñible para Android e iOS
    Apps para hacer GIFs y memes Meme generator

  • Meme Creator

    Elixe entre máis de 600 memes, utiliza máis de 20 fontes diferentes, usa as túas propias fotos ou xunta memes para crear os teus propios cómics.
    Dispoñible para Android
    Apps para hacer GIFs y memes Meme Creator

  • Meme Design

    Unha das máis valoradas apps de memes en iOS. Ofrece máis de 260 modelos de memes, pero tamén podes usar as túas propias imaxes e engadirlles texto. Moi interesante a opción de gardar todo o traballo e recuperalo máis tarde.
    Dispoñible para iOS

  • Meme Generator

    Ofrece unha ampla gama de memes, incluíndo os máis famosos. Poderás facer os teus propios e rir sen parar.
    Dispoñible para Android

  • Mematic

    Se non te sentes creativo, podes usar os memes máis famosos que circulan na rede. E se estás desatado, podes usar unha foto graciosa para dicirlles aos teus amigos que non che engadan a máis grupos de Whatsapp .
    Dispoñible para Android e iOS

  • Instameme

    Creador de memes moi fácil de usar, rápido e completo. Dispón de máis de 5.000 modelos, unha chea de stickers e emoticonos. Recorta, agrega filtros e edita. Tamén poderás compartir os memes que creases no Memeline.
    Dispoñible para Android

Como ves, tes unha lista infinita de opcións para crear os teus memes e gifs. Proba algunha destas apps no teu móbilR e queda coa que sintas máis cómodo. Igual os teus memes fanse virais . Divírtete con elas e se tamén nos queres facer rir con eles, nós encantados.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios